-
O PSdeG-PSOE
mostra unhas respostas do Senado nas que Fomento nin secunda nin coñece as
intencións de rebaixar á peaxe.
-
“Crespo non
se atreve a erguer á voz á Ministra de Fomento a pesares de ser deputada por
Pontevedra” lamenta González Aller.
Os socialistas deron a coñecer hoxe
as repostas* a unhas preguntas feitas pola senadora Paula Fernández Pena en
relación a toda a problemática relativa á AP-53. A silledense realizou estas
preguntas polo mes de outubro polo interese no asunto de todo o PSdeG-PSOE
comarcal e acaba de obter resposta por parte de Fomento recentemente. Nesas
cuestións formuladas ,Fernández Pena, pregúntalle ao Goberno Central polo
traspaso da AP-53, por unha posible rebaixa de prezos na peaxe e tamén pola
problemática producida na concesionaria polo ERE aos traballadores da mesma.
Nas respostas obtidas é evidente para
Fernández Pena e para o voceiro lalinense, Manuel González Aller, que ningunha
das propostas que aprobou o Pleno de Lalín nin das que foron formuladas polo
alcalde José Crespo están tendo acollida por parte do goberno do PP. “Está
claro que Crespo está sendo desautorizado polo seu partido e que en Madrid non
lle están facendo ningún caso, pois parece evidente que é unha persoa
desautorizada para este asunto, xa que aplaudía e cotrou a cinta que sellaba
unha peaxe indigna contra todos os lalinenses” afirma González Aller.
Como relata Fernández Pena “en Fomento non din
nada en relación ao traspaso, fan como se non existira esta problemática e
ademais non queren saber nada de rebaixar ou modificar a peaxe e póñense do
lado da concesionaria”. Para os socialistas a posición do PP neste asunto resulta
lamentable “aquí prometen en eleccións á rebaixa pero gobernan en Madrid e
Santiago e miran para outro lado, están enganando vilmente aos cidadáns”.
“Crespo non se atreve a erguer a voz contra a
ministra Pastor por iso non aceptou a nosa proposta de ir a Madrid xuntos a
entrevistarnos con ela” indica González Aller quen sinala ademais que “está
caladiño e manso, xa non pon pancartas e nin se atreve a rechistar a unha
ministra que é deputada por esta provincia e sobre a cal non parece ter
absoluta influencia, é lamentable como deixa de interesarse polos lalinenses e
sí responde mansamente á autoridade do seu partido”
No hay comentarios:
Publicar un comentario