PSdeG-PSOE

PSdeG-PSOE
________________________

lunes, 9 de diciembre de 2013

OS SOCIALISTAS DENUNCIAN QUE ROMÁN RODRÍGUEZ APOIA A SUBA DO LIXO EN SANTIAGO E DI O CONTRARIO EN LALÍN




-      “Que reinvindique non Parlamento que o lixo non suba descomunalmente nin en xuño nin en decembro” afirman dende o Grupo Municipal Socialista
-      “Hai anos que vimos defendendo outra política do lixo, o unico que propuxo o PP foi unha incineradora e subirnos o recibo” afirma González Aller.

 Os socialistas sairon hoxe ao paso tras unhas declaracións de Román Rodríguez falando sobre a política de resiudos do PP e a brutal subida do lixo que se lle plantexa a Concellos como Lalín pola decisión do PP de cobrar un 34% mais pola factura de Sogama.

 “Resulta inaudito, o parlamentario Román Rodríguez apoia subir o lixo un 34% en Santiago e logo ven a Lalín e di o contrario” sinala González Aller que engade “que debe ter un trastorno da personalidade política, vota a favor da suba de Sogama no Parlamento galego e logo di barbaridades en Lalín”

 Para os socialistas esta incongruencia é típica “dun títere político como Román Rodríguez, que hai tempo que debeu dimitir por casos como o do Parking Europa” e pídenlle ao concelleiro de Crespo que “defenda en Santiago que non se suba o lixo un 34% nin en xuño nin en setembro, se quere ter un mínimo de credibilidade e se non que se vaia”.

 Para os socialistas resulta lamentable a política errática do PP e de Crespo en ralación ao lixo “hai anos que nos levamos propugnando outra política, hai anos que vimos pedindo unha planta comarcal, hai anos que vimos reclamando a compostaxe para a nosa vila” e o único que se obtivo ata o de agora foi “esquilmar os recursos da vila, a ameaza dunha incineradora parada pola protesta veciñal e o fracaso eólico e unha negativa absoluta do PP a cambiar tan nefastas políticas”.

 Deste xeito os socialistas anuncian “mais iniciativas relacionadas co tema dos resiudos na nosa vila porque entre a suba desa factura e a megalomanía de Crespo están deixando sen ren ao Concello de Lalín”

No hay comentarios:

Publicar un comentario