PSdeG-PSOE

PSdeG-PSOE
________________________

miércoles, 4 de marzo de 2015

CRESPO APROBOU AS BASES DE SELECCION DE TRABALLADORES DESPOIS DE PRESENTAR AS OFERTAS DE TRABALLO NA OFICINA DE EMPREGO




-Crespo segue calado e agora agóchase  detrás da concelleira para non asumir as súas responsabilidades nesta selección de persoal irregular e fraudulenta

-As lamentables explicacións da concelleira de emprego non fan máis que confirmar que só lle deron unha “preferencia” simbólica de 2,5 puntos ás persoas establecidas como preferentes pola Deputación

-Se non fora polas actuacións dos socialistas a inmensa maioría dos parados e paradas de Lalín aínda hoxe non saberían nada destes postos de traballo, porque no Concello de Lalín tiñan todo moi calado para poder darlle os traballos aos seus amigos e coñecidos

-Denunciamos que é un auténtico escándalo que a Xunta de goberno local presidida po Crespo aprobara as bases de selección de persoal despois de ter presentado as ofertas de traballo na oficina de emprego

Os  socialistas de Lalín e a maioría do pobo lamentamos que Crespo permaneza calado e agora se agoche detrás da concelleira de Emprego para non dar explicacións sobre as innumerables irregularidades que se están a producir na selección de traballadores do plan da Deputación.

Os socialistas consideramos que é a propia concelleira a que recoñece que estableceron caprichosamente unha puntuación simbólica de 2,5 puntos (desde logo nada preferente se se compara cos 35 puntos de puntuación máxima de todo o proceso) para as persoas que a Deputación consideraba como colectivos preferentes por levar máis tempo no paro, por ter os ingresos máis baixos ou por ter maiores cargas familiares.

Estamos absolutamente convencidos que grazas as actuacións dos socialistas, a inmensa maioría dos parados e paradas de Lalín estanse a enterar neste días de que había estas ofertas de traballo porque o propio Concello recoñece que só deu a información a unhas 100 personas, pero esquécense que en Lalín desafortunadamente hai máis de 1700 parados e paradas, o que deixa como clara evidencia a que desde o Concello tiñan o conto moi calado para que só o souberan os seus amigos e coñecidos.

Os socialistas vémonos na obriga de denunciar o auténtico escándalo que supón que a Xunta de goberno local presidida por Crespo aprobou as bases de selección de traballadores, onde incluiu os baremos dos criterios que ían puntuar, cando uns días antes xa tiña presentadas as ofertas de traballo na oficina de emprego, polo que cando publicaron as ditas bases na páxina web do concello xa a xente non puido apuntarse a tempo, xa que estaba a xente buscada e mesmo moitas persoas xa recibiran na súa casa a carta para presentarse no concello.

  • CRONOLOXÍA:

-2 de xaneiro de 2015: publícanse as bases no BOP

-19 de xaneiro de 2015: a Xunta de Goberno Local .Punto 7.9.Aproba acollerse ao Programa  .Apróbanse as bases e todos os postos . En Internet so está colgado o extracto da XGL. Pero na acta pódese observar como xa se decidiran os postos e ocupacións que se ían reclamar á oficina de emprego.Polo tanto se agocha o proceso

-11 de febreiro de 2015: O Concello de Lalín fai a petición de persoal á Oficina de Emprego.Non se pide nin titulación, so aos administrativos e aos socorristas. Foi comprobado documentalmente polo concelleiro Cristóbal Fernández no propio Concello

-18 de febreiro de 2015: a XGL aproba as Bases Propias definitivas que rexeran o proceso.


Compróbase que durante un mes en lugar de anunciar os perfís e os postos de traballo para conseguir que cantos mais desempregados tiveran a posibilidade de competir en igualdade o Concello agocha a relación de postos necesarios e so llos comunica a que a eles lles interesa. É inadmisible e fraudulento e supón un autentico insulto e burla aos parados e paradas de Lalín que se aproben as bases dun proceso de selección de traballadores cando este proceso xa leva un tempo que estaba iniciado

No hay comentarios:

Publicar un comentario