PSdeG-PSOE

PSdeG-PSOE
________________________

viernes, 27 de marzo de 2015

O PARTIDO SOCIALISTA E O CLUBE DEPORTIVO LALÍN ANALIZAN A PROBLEMÁTICA DO CORTIZO



·        Ambos coincidiron na necesidade de buscar unha urxente solución aos problemas de compatibilidade do Cortizo.

·        Os socialistas defenderon o proxecto de dous campos de fútbol e como alternativa expuxeron a creación dun campo de superficie mixta.


 Na xeira de reunións que o candidato socialista á alcaldía, Nicolás González Casares, está mantendo con diferentes entidades municipais, hoxe foi o turno do Clube Deportivo Lalín. González Casares e Xosé Luís Seixo, membro da directiva do conxunto lalinense, realizaron unha xuntanza na que a problemática da compatibilidade entre os diferentes clubes que empregan o estadio Manuel Anxo Cortizo foi a clara protagonista.

 Ámbolos dous coincidiron en destacar o mal aproveitado que está o recinto deportivo. Isto débese ás compricacións que supón o mantemento do campo de herba natural, que fai moi difícil o seu uso por parte de varios clubes e provoca que os deportistas teñan que utilizar o campo sintético, que está totalmente masificado. Neste sentido,  Nicolás González Casares defendeu a súa proposta, xa presentada días atrás, na que se establece a distribución do espazo en dous terreos de xogo, un de superficie natural e outro de artificial. Para o socialista a priporidade “é buscar unha solución que permita que todos os clubes poidan utilizar o Cortizo”,  xa que non considera adecuado “ que o Rugby  ou calquera equipo de fútbol asentado no Cortizo teña que desprazarse a lugares como Barcia ou Muimenta para desenvolver a súa actividade, tal e como se pretende que fagan.”

 Outra das propostas que defendeu o tamén Secretario Xeral dos socialistas de Lalín foi a posibilidade de levar a cabo un proxecto que contemple un campo cunha superficie mixta. Estas superficies, que xa se probaron con bos resultados en cidades como Vigo, mezclan herba natural con fibras sintéticas, polo que o campo podería ser empregado por varios equipos sen que se deteriore co seu uso. Tanto dende o PSOE como dende o C.D Lalín recoñeceron a dificultade para atopar unha solución aos problemas de compatibilidade que contente a todos os clubes que empregan o Cortizo. Por este motivo, sinalaron a necesidade de xerar debate en torno ás instalacións “para ver entre todos o proxecto que máis se adapta ás necesidades de cada un”.

 Por outro lado, dende o clube franxivermello pediuse o adecentamento da grada vella así como a colocación dun novo paso de cebra á saída do campo artificial.

No hay comentarios:

Publicar un comentario