PSdeG-PSOE

PSdeG-PSOE
________________________

viernes, 27 de marzo de 2015

GONZÁLEZ CASARES ESCOITA Á ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DA CACHARELA




·        Trátase do único colectivo veciñal do casco urbán.
·        O candidato socialista destacou o “nulo interés que o Concello mostra polo asociacionismo veciñal” e fixo fincapé na necesidade de darlle apoio.

O Secretario Xeral do Partido Socialista de Lalín e Candidato nas proximas eleccións, Nicolás González Casares, mantivo o xoves unha xuntanza con membros da Asociación de Veciños da Cacharela. A cita enmárcase nun conxunnto de reunións que o socialista está a levar a cabo con entidades e colectivos municipais de toda índole, co obxetivo de recoller demandas e proposicións coas que ir tomando o pulso da cidadanía de cara aos comicios do mes de maio. 


 A Asociación de Veciños da Cacharela é o única organización veciñal do casco urbán. Aspecto ao que Gonzalez Casares lle deu un enorme valor, “xa que dende o concello non se potencia o asociacionismo veciñal”. Asimesmo destacou o “meritorio traballo” do colectivo “que fomenta e forma parte de varias iniciativas socioculturais sobresaindo o seu papel en manter vivo o entroido lalinense”. O socialista deixou clara a súa intención incentivar a organización veciñal, dando  apoio ás asociacións de veciños e á creación de outras en máis barrios de Lalín. Asegurou que, de contar cunha forte estrutura organizativa, “as obras do gas, por exemplo, serían levadas a cabo con maior eficiencia e seriedade”.

 Dende o colectivo da Cacharela tamén se sinalaron as trabas que o Concello lles ten imposto para os seus quefaceres. Un signo máis das súas intencións de minar o asociacionismo. Os veciños que participaron na reunión realizaron varias suxestións, entre as que destacou a petición de arreglo dun muro de formigón, ubicado na Avenida de Buenos Aires, que está a piques de derrubarse, significando un importante perigo para os viandantes e os nenos que asiduamente xogan nas súas proximidades. Asimesmo, tamén se deixou constacia da necesidade de arreglar o ruelo e as escaleiras que unen a Avenida Buenos Aires coa rúa Rosalía de Castro. Por outro lado, dende a Asociación de Veciños da Cacharela, tamén se falou da falta dun local social como sede para a súa actividade. Neste aspecto, Nicolás González Casares puxo de manifesto a necesidade dunha Casa da Cultura no centro da vila con espazos para o uso deste tipo de organizacións.

No hay comentarios:

Publicar un comentario