·
O
socialista demandou máis axuda por parte dos concellos para o colectivo, así
como a necesidade de emprender campañas de sensibilización e a de construir un
parque para cans en Lalín.
O
candidato do Partido Socialista á alcaldía de Lalín, Nicolás González Casares,
continúa coa súa rolda de contactos. Nesta ocasión visitou as instalacións da
Asociación Protectora de Animais Peludos Sen Fogar, ubicadas na parroquia
agoladense de A Baiña, a pesar de ser unha organización lalinense. González
Casares foi recibido por Cristina e Estefanía Rodríguez, duas irmás que se
manteñen ao fronte da entidade. Alí puido comprobar de primeira man “o
magnífico traballo” que a protectora leva a cabo, acollendo nestes momentos a
case 30 animais.
O tamén Secretario Xeral dos socialistas de
Lalín fixo fincapé “na necesidade de que os concellos da comarca -non só o de
Lalín- axuden a Peludos Sen Fogar” xa que nestes momentos non reciben ningún
tipo de apoio económico por parte da administración e perviven unicamente a
través de donacións voluntarias de particulares.
Dende a protectora lamentaron a escasa
concienciación que aínda existe en parte da sociedade co abandono de animais,
así como a falta de chips identificativos na maioría dos cans que recollen. A
ausencia deste dispositivo fai máis compricado o traballo da protectora xa que
impide, entre outras cousas, poder coñecer a procedencia do animal no caso de
perda. Neste sentido apuntouse a necesidade de que os corpos da policía local e
de protección civil conten cun lector de chips e se impliquen en maior medida
na protección de animais.
Pola
súa parte, González Casares sinalou a necesidade de emprender campañas de
concienciación e sensibilización, así como a de construir un parque
acondicionado para os cans no casco urbán lalinense.
No hay comentarios:
Publicar un comentario