PSdeG-PSOE

PSdeG-PSOE
________________________

martes, 31 de marzo de 2015

O PARTIDO SOCIALISTA MOSTRA O SEU APOIO AO SECTOR LÁCTEO E DEMANDA MÁIS COMPROMISO POR PARTE DA ADMINISTRACIÓN ANTE O FINAL DAS COTAS



 
·        Pide que “a Xunta invista no sector para facilitar a adaptación á nova situación” e que “actúe para que se cumpran os acordos que aseguren prezos dignos para os produstores”.

 O sector lácteo vén arrastrando unha forte crise que se agudizou nos últimos meses debido á baixada continuada dos prezos que se está a producir. A este feito súmase a supresión do sistema de cotas lácteas que entra mañá en vigor e que sume aos gandeiros nun panorama de maior incertidume, xa que a impresión xeral é a de que esta situación agravará a crise de prezos que perdura dende hai uns cinco anos.
 
 Ante esta coxuntura o Partido Socialista e o seu candidato á alcaldía, Nicolás González Casares queren mostrar “o seu máis firme apoio e compromiso cos gandeiros e co sector,  un dos motores económicos do concello , que mantén máis empregos de forma directa e indirecta”. O socialista destacou a difícil situación económica pola que atravesan os gandeiros “que realizaron fortes inversións nos últimos anos para poder aumentar a producción e que agora non poden rendabilizar”. A esta situación hai que sumarlle  tamén o novo reparto das axudas da PAC, que igualmente perxudicará aos productores, xa que prima a terra en troques da producción. A suma destes factores coartará a capacidade de inversión dos gandeiros nun dos momentos que máis se lles vai esixir en canto a crecemento e competitividade.

 Así, o Partido Socialista pide “que a Xunta teña en conta o panorama incerto que vive o sector e que mostre o seu compromiso, por exemplo, dotando de investimento á producción láctea, co obxetivo de facilitar a adaptación ao novo sistema libre de cotas”. Asimesmo, o PSdeG destaca a necesidade “de que todas as administracións  se involucren no cumprimento dos acordos polos que nos últimos anos ven loitando o sector, tales como os que se recollen no paquete lácteo, que aseguren uns prezos xustos para os productores e que eliminen a situación de inferioridade á que os productores se ven sometidos coa industria e a distribución”.


No hay comentarios:

Publicar un comentario