·
Preténdese detectar de forma precoz as deficiencias das estradas para
poder actuar rapidamente e evitar o seu deterioro.
·
As estradas clasificaranse en tres categorías en
función da súa prioridade.
O partido socialista, consciente do enorme
entramado de viais que se extenden polo concello de Lalín e da dificultade que
supón o seu correcto mantemento, propón un plan viario estratéxico co que se
pretende controlar e arreglar de forma sistemática as estradas. O proxecto vai enfocado de cara á detección
precoz das deficiencias para que, deste xeito, mediante actuacións rápidas, se
evite o seu deterioro.
Tal e como
explicou o candidato socialista á alcaldía, Nicolás González Casares, promotor
do proxecto, “a enorme cantidade de kilómetros de estradas que percorren o
concello provoca que non se poidan atender a todas por igual”. Así, proponse
clasificar os viais en 3 categorías segundo as súas características, os seus
usos e a súa importancia para os usuarios.
Na primeira
categoría entrarán aquelas estradas municipais que comuniquen as parroquias co
casco urbán ou con outras estradas principais. Terán revisións de carácter
trimestral. Na segunda categoría enmarcaranse aqueles viais que conecten as
parroquias entre elas e, en xeral, tadas as pistas de certa importancia para as
parroquias. Estas contarán con revisións semestrais. Por último, a terceira
categoría ou prioridade, aglutinará as pistas de menor importancia, que
contarán con verificacións anuais. Os veciños dos núcleos rurais serán os
encargados de decidir, seguindo uns criterios, aqueles viais que entrarán na
categoría 2 ou 3. Asimesmo, cada estrada estará provista da oportuna
sinalización indicativa da categoría á que pertenza.
Haberá
persoal para definir e controlar os traballos de revisión e adecuación, así
como cuadrillas de mantemento que actuarán de forma escalonada e continua. Por
último, as tarefas de adecentamento poderán ser comprobadas a través de
internet,
No hay comentarios:
Publicar un comentario