PSdeG-PSOE

PSdeG-PSOE
________________________

viernes, 27 de marzo de 2015

O PARTIDO SOCIALISTA DENUNCIA A PASIVIDADE DO CONCELLO ANTE OS CONTINUADOS CORTES DE LUZ NA ZONA DE VILATUXE





·        Insisten na necesidade de que o Concello tome medidas inmediatas para solventar unha problemática que se perpetúa no tempo.
·        Acusan a Crespo de falta de responsabilidade cos veciños e de connivencia coas eléctricas.

Os veciños da zona de Vilatuxe levan sufrindo nos últimos tempos continuos cortes no suministro de electricidade. O último, produciuse onte mesmo, provocando que en varios lugares se estivese sen enerxía eléctrica durante máis dunha hora. O Partido Socialista de Lalín e o seu Secretario Xeral, Nicolás González Casares veñen insistindo na necesidade de dar solución a estas situacións, sen que dende o Concello “se mova un dedo” para tratar de solventar dita problemática, que se perpetua no tempo.

 Ante tal realidade, González Casares acusa a postura que o alcalde de Lalín, Xosé Crespo, exerce ante averías, asegurando que “o Concello segue sen tomar medidas, deixando evidencia da súa absoluta falta de responsabilidade cos veciños, que ven como se lles priva do bo funcionamente dun servizo básico como é a electricidade”. O socialista tamén pon en cuestión “os extraños intereses que Crespo pode ter coas eléctricas, porque no canto de meterlles man e obrigalas a que cumpran co seu servizo, permanece impasible, demostrando complicidade, sen darlles importancia ás dores de cabeza que a falta de suministro lles causa aos habitantes da zona de Vilatuxe”. Ante a continuidade da situación González Casares demandou un cambio na actitude de Crespo e do Concello e esixiulle que “dunha vez por todas se implique no asunto e tome as medidas oportunas para solucionar unha deficiencia que xa pasa de castaño escuro” .

No hay comentarios:

Publicar un comentario