PSdeG-PSOE

PSdeG-PSOE
________________________

martes, 31 de marzo de 2015

GONZÁLEZ CASARES REÚNESE COA SOCIEDADE DE CAZA E PESCA DE LALÍN



·        O socialista defendeu a caza responsable  como “elemento  protector do medio ambiente” e resaltou a necesidade de “compatibilizar a actividade cinexética co desempeño doutras actividades deportivas ao aire libre”.
·        Asimesmo mostrou preocupación pola conservación dos ríos e mostrouse favorable ao impulso da pesca sen morte.

 O candidato a alcaldía de Lalín, Nicolás González Casares prosegue coa sua rolda de contactos con entidades municipais, co obxetivo de coñecer as inquedanzas e os problemas da cidadanía así como recoller posibles propostas. Hoxe foi o turno da Sociedade de Caza e Pesca de Lalín, con quen González Casares mantivo unha xuntanza a que acudiron o presidente do colectivo, Xosé Luís Gil e  varios membros da directiva. 

 O socialista recoñeceu ao gremio dos cazadores como un dos grupos de deportistas de Lalín máis numeroso e destacou a importancia da “caza responsable como factor que contribue a manter vivos os nosos montes e como elemento protector do medio ambiente”. Neste sentido destacou o papel que a actividade cinexética desenvolve no control de especies como o xabarín, cuxa expansión debido ao incremento da masa forestal perxudica aos gandeiros e agricultores. O tamén Secretario Xeral dos socialistas de Lalín fixo fincapé na necesidade de “desempeñar unha xestión deportiva integrada que permita a realización de eventos tanto cinexéticos como doutros deportes ao longo do ano de maneira escalonada”. Asimemso recoñeceu como prioritaria a necesidade de compatibilizar a caza coa realización doutros deportes ao aire libre. “Hoxe en día no monte practícanse gran cantidade de actividades, non só a caza, polo que é necesario tratar de compatibilizar todos os usos” explicou. Por outro lado, o candidato socialista falou sobre a “necesidade de priorizar as axudas en función do número de persoas que practiquen un deporte e do beneficio social que este produzca” resaltando o pouco diñeiro que a Sociedade de Caza e Pesca recibe por parte do concello, aínda sendo un grupo moi numeroso e que atrae moita xente.

 En relación coa pesca, o alcaldable mostrou unha “profunda preocupación” polo mal estado de moitos ríos froito da contaminación, destacando a necesidade de por en marcha medidas de protección. Asimesmo defendeu o impulso e o fomento da modalidade de pesca sen morte -Lalín non conta con ningún tramo específico para esta práctica- como “modalidade deportiva que asegure o futuro duns ríos con vida e dos pescadores”.

 Pola súa parte, dende a Sociedade de Caza e Pesca de Lalín, o presidente, Xosé Luís Gil, destacou a falta de axudas para o seu colectivo asegurando que son “irrisorias” en comparanza co número de persoas que practican caza e a pesca e cos gastos que a sociedade ten que afrontar por exemplo, na organización de eventos ou en repoboacións. Os cazadores tamén pediron a posible adecuación dalgunha das escombreiras que hai no concello como novo campo de tiro, debido a que o existente non se pode utilizar. Asimesmo, dende o gremio resaltouse o mantemento das poboacións de caza menor grazas ás repoboacións efectuadas e non dubidaron en calificar como “desastre” o abandono que a administración fixo do criadeiro de Mouriscade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario