- Os socialistas destacan que a Encomenda do Cocido é unha asociación que non ten nada que ver co Concello, polo que non pode recibir diñeiro público a non ser mediante subvencións, que neste caso non se pediron.
- Entre os anos 2004 e 2012 o Concello gastou case 34.000 euros en pagar as capas da encomenda.
O
Partido Socialista de Lalín considera que o alcalde, Xosé Crespo,
empregou durante varios anos fondos do Concello para pagar as capas
que se lle outorgan aos comendadores do cocido cada ano. Segundo
explicou o concelleiro do PSOE Cristóbal Fernández, “temos
indicios bastante claros de que se producíu un uso fraudulento de
fondos públicos, xa que as capas son unha prenda da Encomenda do
Cocido, asociación presidida por Crespo, pero non en calidade de
alcalde de Lalín, polo tanto, o Concello non ten nada que ver coa
concesión de ditos galardóns e non pode aportar diñeiro para estes
fins”.
Os
socialistas recadaron a información de ditos pagamentos analizando
os diferentes decretos da alcaldía onde queda constancia da
autorización destes gastos, que ascenden, entre os anos 2004 e 2012,
a case 34.000 euros. Nos últimos anos “alguén lles debeu decir
algo, pois os pagos aparecen feitos por Turismo Rías Baixas”,
destacou Cristóbal Fernández. O socialista recalcou que “outra
cousa sería que a Encomenda do Cocido solicitase subvencións por
parte do Concello cumprindo os requisitos legais pertinentes e logo
destinase todo ou parte das axudas ao pago dos premios, pero isto non
se fixo, polo que estamos ante unha clara malversación de fondos, xa
que o diñeiro se gastou nun fin que nada ten que ver co Concello”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario