Ó
PLENO DO CONCELLO DE LALÍN
Os
concelleiros do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE no concello de Lalín
abaixo asinantes, presentan ó Pleno para o seu debate e aprobación
se procede a seguinte
MOCIÓN
A
empresa Gas Natural como é sabido estase implantando en Lalín co
seu servizo de gas para consumo doméstico e industrial, para tal fin
e coa colaboración do Goberno Municipal puxéronse en marcha medidas
de difusión da súa implantación tal como charlas no Museo
lalinense que incluso levaban nas cartas enviadas aos domicilios dos
lalinense como invitación aos veciños a coñecer a proposta o
membrete do noso Concello.
O
alcalde asegurou neste Pleno e na prensa que a instalación desta
empresa en Lalín melloraría o servizo aos lalinenses e introduciría
competencia no servizo no que xa estaba instalada a empresa Repsol
distribuidora de Gas Propano. Ademais nos seus primeiros anuncios o
alcalde afirmaba que as empresas poñeríanse de acordo para utilizar
a mesma rede e causar as menores molestias aos veciños e veciñas de
Lalín.
Posteriormente
os lalinenses asistiron asombrados a un estado de sitio nas súas
rúas e beirarrúas cunhas obras que non foron ben planificadas e que
dende logo motivaron moitas protestas. Con esas obras de canalización
levantáronse moitas rúas que nalgún caso foron reparadas a cargo
dos orzamentos municipais como é o caso da Rúa Pintor Laxeiro.
Recentemente
os lalinenses soubemos que todas esas obras levadas a cabo na súa
gran maioría ,salvo zonas que carecían de subministro, foron
inútiles e as molestias aos veciños non supuxeron ningunha vantaxe
para os mesmos pois atopámonos que as empresas Repsol e Gas Natural
Fenosa chegaron a un acordo
económico do que nada se coñece e que puxo en xogo as rúas dos
lalinenses, polo que a segunda vendía a súa rede á segunda e en
Lalín vai quedar unha sola operadora de gas.
Paralelamente
desmontábase tamén o argumento esgrimido polo Goberno local
relativo aos beneficios da competencia ,pois finalmente so vai haber
unha empresa que monopolice o subministro de gas aos veciños e
veciñas de Lalín. En definitiva as molestias causadas aos veciños,
o levantar as rúas para logo reparalas con diñeiro público so
serviu para substituír a empresa Repsol por Gas Natural no que
pareceu mais un experimento de competencia entre dúas empresas tendo
por reféns á cidadanía de Lalín.
Ante
esta situación creada e a desorientación e falta de información
que reclaman os lalinenses que en moitos casos descoñecen o que vai
pasar co seu subministro e incluso xa haxa reclamacións por supostos
abusos das empresas propoñemos a adopción dos seguintes
ACORDOS:
- Que dende o Concello de Lalín se reclame o inicio imediato dunha campaña que permita saber con detalle que vai pasar co subministro de gas e se informe dos custes e condicións con detalle.
- Que o Concello de Lalín habilite os medios necesarios para asesorar aos lalinenses neste asunto e tramitar as súas reclamacións cando sexa oportuno
No hay comentarios:
Publicar un comentario