PSdeG-PSOE

PSdeG-PSOE
________________________

domingo, 8 de marzo de 2015

ESIXIMOS QUE SE VOLVA INICIAR O PROCESO DE SELECCION DE TRABALLADORES DO PLAN DA DEPUTACION E SOLICITAMOS A COMPARECENCIA DE CRESPO NO PLENO PARA QUE DEA EXPLICACIONS




-O Concello limitouse a establebecer a legalidade como dogma de fe pero non desvirtuou, mesmo recoñeceu a existencia de claras irregularidades na selección de traballadores da Deputación

-Esiximos a suspensión das actuacións e que se inicie un novo proceso que garanta a publicidade transparencia e igualdade de oportunidades para todos os parados e paradas de Lalín

-Imos pedir a comparencia de Crespo no Pleno para que dea explicacións por tantas irregularidades

-Propoñemos un protocolo de actuación vinculante ou un regulamento que estableza procesos de selección para postos de traballo no Concello que garantan a obxectividade a imparcialidade e a igualdade de oportunidades


Despois de ver como o Concello de Lalín mesmo recoñeceu que a selección non está a ser limpa e transparente e só se limitou a establecer como un dogma de fe de que cumplira a legalidade sen achegar en ningún caso ningún argumento que desvirtue a existencia notoria e flagrante de irregularidades no proceso de selección de traballadores do plan da Deputación, os socialistas esiximos que se suspendan inmediatamente as actuacións fraudulentas feitas ata agora, e se inicie un novo proceso con todas as garantías

Aos socialistas parécenos insólito que mentres se estivo a realizar todo un cúmulo de irregularidades xa contrastadas e documentadas (dar información da selección só a uns poucos, cambiar os criterios de preferencia e mesmo aprobar as bases de selección despois de xa ter iniciado o proceso) , Crespo mantivo coma sempre un absoluto desprezo pola xente cun intolerable silencio cómplice que demostra que lle importa pouco a precaria situación pola que están pasando os parados e paradas de Lalín. Por iso os socialistas imos pedir que Crespo compareza no vindeiro Pleno para que llea as oportunas explicacións a todo o pobo de Lalín

O candidato a alcaldía  González Casares  coincide plenamente cos comentarios e as opinións da inmensa maioría do pobo de Lalín que din que xa non se pode aturar por máis tempo que Crespo e os seus concelleiros se sigan burlando de todo o mundo e lles sigan dando traballo aos seus amigos e coñecidos mentres ao resto dos parados e paradas lles negan a oportunidade de ter un traballo público, e por iso manifesta a súa absoluta predisposición acabar con estas políticas de clientelismo establecendo un protocolo de actuacións ou mesmo un regulamento que garanta que todos os veciños e veciñas van ter as mesmas oportunidades para ter un traballo no Concello

No hay comentarios:

Publicar un comentario