- “Faise tamén moi precisa unha explicación
das empresas aos cidadáns, pois nin son donos das nosas rúas nin dos nosos
cartos” reclama o candidato socialista.
- Lembran que Crespo “afirmou que habería un
aforro de 500 euros por familia ,pero a ninguén lle saen eses números”.
- “Actuou como un comercial dunha
empresa,mesmo se enviaron cartas cos logos do Concello convocando a reunións”
lembran dende o PSdeG-PSOE
O candidato socialista á alcaldía de
Lalín , Nicolás González Casares , esixiu onte ao alcalde lalinense “que
explique aos cidadáns de Lalín o que aconteceu coa chegada de Gas Natural e a
súa guerra comercial con Repsol que tivo como reféns aos veciños de Lalín” e
acusa ao alcalde “de fomentar e permitir unha dobre canalización que nunca
debeu chegar a facerse”.
Para os socialistas resulta incrible que
“habendo a posibilidade de compartir rede de abastecemento de gas, en Lalín a
diferencia da maior parte das vilas e cidades de España ,se optara por abrir de
novo as rúas, desfacelas e causar uns desperfectos totalmente inútiles como
hoxe se pode comprobar”.
“É certo que algunhas rúas como Joaquín Loriga
tiñan necesidade de canalización ,pero furouse toda a vila co consentimento de
Crespo” afirma Casares quen considera que “de ser eu alcalde de Lalín e sabendo
que existen posibilidades de acordo como finalmente sucedeu xamais permitiría a
desfeita”.
Os socialistas lembran que Crespo usou ao
Concello de Lalín para actuar como un comercial da empresa Gas Natural Fenosa
“pois enviaronse cartas co logo do Concello convocando aos veciños a charlas
informativas” e incluso o alcalde anunciou
“aforros de 500 euros por cada familia de Lalín, que distan moito da
realidade”.
Por outra banda os socialistas tamén reclaman
unha explicación clara e detallada ás dúas empresas que utilizaron Lalín para
un “experimento de competencia” e que se creron donas “das nosas rúas coa
conivencia do alcalde e dos nosos cartos”. Así Nicolás González Casares lamenta
que “os que perden sempre son os de sempre, os cidadáns que ven como se
levantan as súas rúas e como o seu propio Concello con cartos municipais
reparoulle gratis a Gas Natural algunha delas como a Molinera”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario