PSdeG-PSOE

PSdeG-PSOE
________________________

lunes, 30 de marzo de 2015

GONZÁLEZ CASARES E O MENCER DESTACAN O AUMENTO DA POBREZA EN LALÍN



·        O socialista considera que “estamos ante un grave problema social”  e pedíu máis implicación por parte do Concello en políticas de axuda a familias en situación desfavorecida.
·        Recordou o seu compromiso nesta loita asegurando que será unha das súas prioridades.


 Continúan os acercamentos do candidato socialista á alcaldía de Lalín, Nicolás González
Casares a diferentes colectivos locais. O venres, foi o turno de O Mencer, unha organización benéfica que axuda diariamente a 250 familias do concello. González Casares acudíu á cita acompañado dos concelleiros Cristóbal Fernández e Marina Ferreiro, e da compañeira da executiva María Xesús Sánchez. Por parte de O Mencer participaron Antonio Riera e José Luís Factor, para sinalar en  conxunto o gran aumento da pobreza e da exclusión social no concello. Este incremento queda patente observando que o número de persoas ás que O Mencer presta axuda alimentaria se duplicou nos últimos 3 anos.


 O candidato dos socialistas á alcaldía aplaudíu o “enorme labor social” que está a levar a cabo o colectivo lalinense, sinalando que “se non fose pola súa actividade a situación de moitas familias sería moito máis compricada, xa que non habería quen se fixese cargo delas”. Neste sentido tamén quixo destacar que en “en Lalín non se fala da pobreza, pero é evidente que estamos ante un grave problema de índole social que temos que tratar de afrontar”. O socialista ve necesaria unha maior implicación por parte do Concello en políticas sociais e de axuda ás familias en situación desfavorevida, xa que como asegurou, “o Concello só reparte alimento 3 veces ao ano, mentras no Mencer o fan cada día”.

 Nicolás González Casares, volveu incidir no seu “forte compromiso” en facer fronte á lacra da pobreza e da exclusión, asegurando que a súa redución será unha das prioridades no caso de ser elexido alcalde. Neste senso recordou a súa recente firma dos compromisos da asociación EAPN Galicia contra a pobreza, que establece, entre outros puntos, a implicación de polo menos o 5% dos orzamentos da corporación para estes fins.

No hay comentarios:

Publicar un comentario