PSdeG-PSOE

PSdeG-PSOE
________________________

domingo, 22 de marzo de 2015

O PSDEG-PSOE DE LALÍN ESTIMA NECESARIO UN PLAN DE OPORTUNIDADES PARA RETER AOS MOZOS



-      “Hai que deter a sangría ,os que se van son os mais novos e non se poñen solucións” sinala González Casares
-      O socialista lembra que leva loitando por un programa de retorno do talento a nivel local, autonómico e estatal.

 As cifras recentemente coñecidas de un aumento moi significativo do censo de residentes no exterior reafirma a constante denuncia dos socialistas de Lalín “hai mil lalinenses menos e mil parados mais que antes da crise e algún so pensa en megaparques do Cocido que non solucionan os graves problemas que temos no horizonte”.

 Así González Casares candidato do PSdeG-PSOE de Lalín entende que “non se pode demorar mais o establecemento dun Plan de Oportunidades e de Retorno do Talento para deter a sangría” e lembra que “os que se marchan son o noso futuro, e marchan por falta de atractivos, non sei se é loitar contra unha deriva imposible pero polo menos hai que loitar”.

 “Que nos últimos tempos se perderan 1000 habitantes e que unha boa parte deles estean marchando a outros países debíanos ter en alerta e con estratexias moi definidas para loitar contra ese problema,pero por exemplo no Concello de Lalín non hai vontade política”.

 Así Casares lembra que leva tempo loitando non so a nivel local presentando xa no 2011 unhas medidas específicas que facilitaran o retorno ou permanencia dos mozos que rematan os seus estudos, se non dende diferentes propostas a nivel autonómico e incluso estatal no seo do PSOE porque este asunto “é de vital importancia na nosa sociedade, pero no caso concreto de Lalín falamos do futuro inmediato”.

 O socialista afirma que “agora que se fala dunha Lei de Segunda Oportunidade hai que lembrar que hai xente que aínda non tivo nin a primeira e eu propoño que dende o Concello se poida poñer en marcha” e así afirma que “hai que axudar aos mozos a especializarse na súa formación con axudas que logo poidan devolver en forma de coñecemento a través de emprego remunerado en empresas, mediante axudas á contratación pero tamén colaborando na posta en marcha de novas iniciativas. Non so se precisan axudas económicas” e lembra que “os socialistas vimos pedindo un Viveiro de Empresas dende o ano 2007 e aínda non está en marcha e iso que Lalín está aínda atravesando unha crise durísima”

No hay comentarios:

Publicar un comentario