PSdeG-PSOE

PSdeG-PSOE
________________________

miércoles, 25 de marzo de 2015

OS SOCIALISTAS LAMENTAN QUE O EDIL RODRÍGUEZ CONFIRME O TRATO DE FAVOR NO CASO DUNHA CONSTRUCIÓN ILEGAL EN GRESANDE



-      “Se es irmá do concelleiro do PP tes medidas de gracia para legalizar das que non goza ningún outro cidadán. Iso ten un nome: caciquismo” denuncia Cristóbal Fernández.
-      O Grupo Municipal Socialista esíxelle a Crespo que o edil pida desculpas “pois Francisco P. Donsión está hospitalizado”.

  O Grupo Municipal Socialista de Lalín lamentou hoxe que o edil Antonio Rodríguez confirmara que sabendo que hai unha construción ilegal que non ten a licenza pertinente e que despois de estar construída e coa confirmación de que debe ser derrubada “se lle dan prórrogas das que ningún veciño ou empresa disfruta”.

 Cristóbal Fernández sinala que “esta é unha proba irrefutable mais do trato de favor que no Concello se lle dou a unha familiar directa do propio edil” e afirma que “ estánselle dando mais medidas de gracia para non derrubar parte da súa construción feita ilegalmente que a calquera outro cidadán. Os socialistas tamén comparan esta situación “con humildes veciños que son sancionados con multas desorbitadas por cuestións bastante menores e aos que non se lles da nin a primeira oportunidade de resolvelo antes de ser sancionados”. Así os socialistas instan a presentar algún outro caso similar no que ao infractor se lle deran tantas oportunidades e non se fixera absolutamente nada “que ensinen algún outro caso se o hai”

 Os socialistas consideran que “estas prácticas son moi vellas e teñen un nome: caciquismo” e sinalan a Antonio Rodríguez como “un tipo de político a desterrar, alguén que busca directamente o seu interese e os dos seus cómplices ,un home amigo de prácticas dubidosas e corruptelas varias”.

 Por outra banda o Grupo Municipal Socialista ao completo quere facer notar o seu malestar e reprobar ao edil Antonio Rodríguez pois “é ben sabido que o noso compañeiro Paco Donsión está hospitalizado por un accidente dende hai semanas e non estaba en disposición de asinar nada pero referenda punto por punto a moción presentada, pois esta denuncia non se fixo dun día para outro ,como ben sabe e oculta Rodríguez, e está minuciosamente elaborada . A información leva meses sendo recollida por diferentes edís socialistas a través de múltiples consultas de documentación municipal” . O voceiro socialista González Aller esixe ademais a Crespo que reprobe ao seu edil e o obrigue a pedir desculpas “ao noso compañeiro que está de baixa”

No hay comentarios:

Publicar un comentario