PSdeG-PSOE

PSdeG-PSOE
________________________

lunes, 2 de marzo de 2015

PSDEG-PSOE DE LALÍN PROPÓN QUE O NOVO LAXEIRO SEXA UN CENTRO INTEGRADO DE FORMACIÓN PROFESIONAL

  • González Casares considera necesario un centro que forme aos futuros traballadores técnicos lalinenses con competitividade.
  • É a mellor solución,é necesario un novo Laxeiro e ademais é o momento co novo conselleiro” sinalan os socialistas.
  • Se o paso de Cristóbal fernández foi un impulso educativo para Lalín, agardamos que a actividade de Román Rodríguez tamén se note”

A situación actual do emprego en Lalín é realmente preocupante , unha das súas causas mais claras é o déficit formativo de moitos traballadores, nun Concello que antes da crise bastante menos de 800 parados pero que hoxe xa anda polos 1900. Cun sector industrial que acumula despidos e no que a situación na nosa vila non mellora Casares ten o convencimento de que “nunha FP de calidade está unha boa parte do futuro da xuventude lalinense”. “Na Formación profesional regrada e na actualmente denominada Formación para o Emprego (chamada antes Ocupacional e Contínua) está a chave para a empregabilidade actual e futura” afirma o socialista

Os Centros Integrados de Formación Profesional (CIFP) son centros de formación creados no ano 2005 por Real Decreto e que teñen por obxectivo, non so impartir as ofertas formativas da formación profesional regrada (a que imparten xa os actuais centros de Formación Profesional), se non tamén deseñar ofertas formativas que capacitan para o desempeño cualificado das distintas profesións, accións de inserción e reinserción laboral dos traballadores/as, e tamén as de formación permanente dirixidas á poboación ocupada para mellorar as súas condicións de empregabilidade.
Pero ademais de toda esta oferta formativa, aínda teñen outras funcións básicas tamén de vital importancia para a formación e o emprego como son:
-Desenvolver vínculos co sistema productivo do entorno nos seguintes ámbitos:formación do persoal docente, formación de alumnos nos centros de traballo e colaborar na detección das necesidades de cualificación e no desenvolvemento da formación permanente dos traballadores.
-Participar nos procedementos de avaliación e, no seu caso facer a proposta de acreditación oficial das competencias profesionais adquiridas polas persoas a través da súa experiencia laboral ou de vías non formais de formación.
-Impulsar e levar a cabo accións e proxectos de innovación e desenvolvemento en colaboración coas empresas do entorno e os interlocutores sociais.
Colaborar cos Centros de referencia nacional, Observatorios das profesións e ocupacións, Institutos de cualificacións e outras entidades no análise da evolución do emprego e dos cambios tecnolóxicos e organizativos que se produzan no sistema productivo do seu entorno.

Na actualidade na provincia de Pontevedra existen 4 CIFPs (os que puxo en marcha a anterior administración educativa), sen que a actual administración crease ningún mais: 1 en Pontevedra, 2 en Vigo e 1 en Ponteareas polo que os socialistas propoñen que “Lalín non so disfrute dun novo IES Laxeiro se non que a formación que se ofreza aos alumnos que pretenden continuar coa FP sexa unha formación acorde as necesidades laborais e das empresas”

Así os socialistas “non imos deixar pasar a oportunidade de que Román Rodríguez é conselleiro para pedir que se faga un novo Laxeiro e que ademais este sexa un centro de referencia educativo” e afirman que “levaremos este asunto a Pleno en forma de moción para que nos poñamos todos dacordo para que a Xunta empece a trabalalr neste horizonte e sexa unha realidade canto antes”


No hay comentarios:

Publicar un comentario