PSdeG-PSOE

PSdeG-PSOE
________________________

lunes, 2 de marzo de 2015

CASARES AFIRMA QUE A COMPRA DA REDE DE REPSOL POR GAS NATURAL DESMONTA A AFIRMACIÓN DE CRESPO SOBRE A COMPETENCIA ENTRE AS DÚAS EMPRESAS



  • Levantouse media vila para substituír a Gas Natural Fenosa por Repsol” sinalan os socialistas.
  • Entende que “as empresas teñen que garantir que se cumpren as ofertas feitas aos lalinenses”.

Por un lado é unha boa nova ,pois é a sinatura dun armisticio e o centro de Lalín deixará de ser un campo de batalla” así significaba González Casares o acordo ao que chegaron as concesionarias Gas Natural e Repsol para distribuír calor polas casas de Lalín.

Segundo Casares “o acordo desmonta esa falacia de Crespo sobre a competencia, aquelo de que animara a vir a Gas Natural a Lalín para que ao haber 2 empresas os lalinenses aforrariamos moito, pero agora vese que a intención final era que so unha permanecera” e lamenta que para iso “houbo que levantar medio Lalín despois de que xa se levantara polo mesmo hai algo mais de dez anos, no que claramente se demostra que foron obras feitas durante unha negociación encuberta”.

Levantouse media vila simplemente para substituír a Gas Natural Fenosa por Repsol, se tiveran chegado antes a un entendemento resultaría mais sinxelo e menos molesto para todos os lalinenses, pero o certo é que o alcalde converteuse en negociador dunha das empresas” denuncian os socialistas.

No plano da atención aos consumidores os socialistas reclaman “que se manteñan as ofertas feitas aos veciños e veciñas de Lalín “ pois na guerra comercial entre as dúas empresas fixéronse promesas que os socialistas esperan que non se vexan incumpridas e tamén agardan “unha información minuciosa ,pois forzosamente os clientes de Repsol pasarán nun tempo a ser clientes de Gas Natural”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario