PSdeG-PSOE

PSdeG-PSOE
________________________

lunes, 2 de marzo de 2015

CRESPO ALTEROU ARBITRARIAMENTE OS CRITERIOS PREFERENTES DE SELECCION DE PERSOAL ESTABLECIDOS NO PLAN DE EMPREGO DA DEPUTACION



-Crespo pretende eludir as súas responsabilidades agochándose detrás da oficina de emprego

-O Concello presentou as ofertas de traballo na oficina de emprego sen lle informar aos parados publicamente sobre cales eran os oficios ou os postos de traballo que se ían cubrir no plan da deputación

-Crespo ten que explicar a gravísima irregularidade que cometeu ao alterar totalmente os criterios preferentes de selección establecidos pola deputación

As precarias declaracións do concello sobre a selección de traballadores do plan da deputación non fan máis que confirmar que Crespo quere eludir as súas responsabilidades agochándose detrás da oficina de emprego á que non acabamos de entender porque culpabiliza das irregularidades existentes.

Os socialistas denunciamos que o Concello presentou as ofertas de traballo na oficina de emprego despois de que Crespo e os seus concelleiros informaran dos postos de traballo ou oficios que se pretendían cubrir só aos seus amigos e coñecidos en vez de dar esta información relevante a todos os parados e paradas de Lalín para que todas e cada unha destas persoas puideran ter a oportunidade de irse apuntar a oficina de emprego e por ende ter a oportunidade de acceder a un destes contratos públicos no concello.

Sen dúbida, estamos ante un proceso de selección e contratación pragado de irregularidades entroutras como o realización de entrevistas que non pasan de ser meros simulacros. Pero o que constitúe un feito gravísimo é que Crespo presidiu unha Xunta de goberno local na que alterou arbitrariamente os criterios de selección de persoal e convertiu os criterios que a deputación estableceu como preferentes (parados de longa duración, que teñan cargas familiares ou que teñan as rendas máis baixas etc) en criterios residuais aos lle outorgar unha puntuación irrisoria (dun máximo de 2,5 puntos sobre un máximo total de 35 puntos) de menos do 8% da puntuación total.

Os socialistas esiximos encarecidamente a Crespo que dea a cara e ofreza explicacións claras e contundentes sobre estas irregularidades que xa á inmensa maioría da xente en Lalín lle están facendo pensar que estamos ante outro novo caso de nepotismo fraude e de chanchullos encamiñados a favorecer a contratación pública de amigos e coñecidos e que corrixa estes feitos e adopte todas aquelas medidas necesarias para que este proceso selectivo se desenvolva dentro da legalidade e do máximo e absoluto respecto á igualdade de oportunidades para todas as demasiadas persoas que están no paro en Lalín.
Un saúdo e gracias.
Comisión Executiva Municipal
PSdeG-PSOE de Lalín.



MAIS DATOS DE INTERESE:


1º.-Que a Deputación Provincial de Pontevedra publicou no BOP nº 1do venres 2 de xaneiro de 2015 (corrección de erros no BOP nº 3 do mércores día 7 do mesmo mes e ano) as BASES REGULADORAS DO PLAN DE CONSERVACION E FUNCIONAMENTO DE BENS E SERVIZOS MUNICIPAIS 2015, plan que contempla axudas ou subvencións destinadas a financiar o custo salarial total, incluída a cotización á Seguridade Social, de traballadores desempregados, a tempo parcial (25 horas semanais) por un período de seis meses, segundo o importe do Salario Mínimo Interprofesional.

2º.-Que ditas bases, no seu Artigo 11. Requisitos e criterios para a selección dos traballadores dispoñen que a entidade beneficiaria (neste caso o concello de Lalín) será quen realice a selección definitiva dos candidatos, pero que no procedemento de selección teranse en conta os seguintes criterios, entre outros que poida establecer o propio Concello:

a) Darlles preferencia aos candidatos que leven inscritos como demandantes de emprego máis dun ano
b) Darlles preferencia aos candidatos que non foran contratados polo Concello nos anos 2014 e 2015
c) Darlles preferencia aos candidatos con niveis de renda máis baixa
d) Darlles preferencia aos candidatos con cargas familiares

3º.-Que, en consecuencia co disposto nese artigo 11, o concello poderá establecer tamén os seus propios criterios, pero sempre que non contradigan a preferencia determinada polo 4 criterios básicos que fixa dito artigo 11.






4º.-Que o concello de Lalín aprobou en Xunta de Goberno Local unhas bases para a selección dese persoal que vulneran claramente o previsto nas bases da Deputación Provincial, pois aínda que se teñen en conta á hora de puntualos na fase de concurso, un aspirante que os cumprise todos e en consecuencia que se debería contratar preferentemente ante outro aspirante que non cumprise ningún, ou que cumprise tan so algún ou algúns deles, tan so terá unha vantaxe como máximo de 2,5 puntos, cando a puntuación total máxima que pode levar un aspirante é de 35 puntos. (Nas bases aprobadas polo concello pode verse claramente como polo CRITERIOS A TER EN CONTA ESTIPULADOS NA ORDE DE CONVOCATORIA se outorgará un máximo de 2,5 puntos).
Os criterios complementarios establecidos polo concello deberían ser utilizados exclusivamente para desfacer empates que se producisen logo da aplicación dos 4 criterios preferentes das bases da Deputación. Coas bases do concello de Lalín, un aspirante que non cumpra ningún deses 4 criterios básicos que deberían outorgar preferencia, pero que ó longo do proceso selectivo (no que se poden acadar ata 35 puntos) obteña simplemente 2,51 puntos mais co resto de aspirantes, obterá a praza segundo as bases do concello incumprindo por tanto as bases da Deputación Provincial.
Respecto do dito non hai nin a mais mínima dúbida de que vai a ser así dado que na base X das do concello de Lalín disponse que:

A cualificación final será a resultante de sumar as puntuacións obtidas na fase de concurso, na entrevista e nas probas teórica e práctica.
Determinada a cualificación final, o tribunal elevará á Alcaldía unha relación na que figuren, por orde de puntuación, as cualificacións finais dos aspirantes, e proporá a contratación dos candidatos que obteñan as maiores puntuacións.


5º.-Resulta claramente significativo neste mesmo sentido o disposto na base XIII das bases do concello de Lalín que transcribimos literalmente e que non fai nin a mai mínima mención as bases aprobadas pola Deputación Provincial:


XIII.Réxime xurídico.
Este proceso selectivo regúlase polas bases da presente convocatoria, no non previsto nelas, polo disposto para a selección de persoal laboral temporal pola lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto do Empregado Público, polo Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, sobre procedemento de selección na administración local e demais normativa concordante.





No hay comentarios:

Publicar un comentario