- Os socialistas demandan o arreglo de varias pistas e que se declare como “Árbore Senlleira” un carballo situado nas inmediacións da igrexa.
O
candidato do PSdeG-PSOE á alcaldía de Lalín, Nicolás González
Casares está realizando nos últimos tempos visitas ás diferentes
parroquias do municipio coa intención de escoitar aos veciños e
recoller as súas demandas e suxestións. A pasada fin de semana foi
o turno da parroquia de Bermés. O alcaldable acudíu con
compañeiros, tanto do partido como da propia parroquia e fíxose eco
das preocupacións da veciñanza, coa que mantivo unha distendida
reunión.
Entre
os asuntos que se trataron na visita de González Casares, tiveron un
especial protagonismo o mal estado dalgunhas pistas da parroquia. En
concreto denunciouse o deterioro dun vial que conecta o lugar do
Vento coa parroquia de Palmou e o desgaste de varias pistas da
parcelaria. A primeira leva moito tempo sen arreglar e presenta un
estado deplorable no que afloran numerosos baches e grava solta, o
que fai que a circulación por ela sexa un incordio e un perigo para
os conductores. Pola súa parte, as pistas da parcelaria que se
extenden pola localidade e que foron abertas hai soamente un ano,
lucen moi deterioradas, co firme totalmente desfeito, dando lugar a
profundos socabóns e a grandes tramos con grava dispersa. Por estes
motivos, Nicolás González Casares demandou o pronto adecentamento
de ambos viales para que os veciños de Bermés poidan contar con
pistas en boas condicións.
Por
outro lado, o Partido Socialista tamén solicitou que se declare coa
figura de protección, “Árbore Senlleira” un exemplar de
carballo situado á veira do adro da igrexa parroquial. Trátase
dunha árbore centenaria, de grande tamaño e robustez que se
converteu en todo un símbolo da parroquia, non só polo seu
evidente valor ambiental senón tamén pola súa historia e pola súa
particular beleza ao estar encadrada nun espléndido entorno.
.jpg)
No hay comentarios:
Publicar un comentario