·
González
Casares alega que “faltando unicamente dous meses para as eleccións non se
debería licitar unha obra deste calado”.
·
Os
socialistas propoñen o arreglo dos parques xa existestes e apostan polo
adecentamento e a ampliación da zona de xogos do parque da Praza da Vila.
A Agrupación Municipal Socialista de Lalín
solicita que se leve a cabo a suspensión da licitación do proxecto “Lalín
Park”, promulgado por Crespo e presentado onte no museo Ramón Aller, que suporá
un investimento de 100.000 euros para a súa primeira fase. Os socialistas
consideran que a inversión, ademais de ser “innecesaria”, é “unha auténtica
barbaridade, pois polo que se ve Crespo ten pensado gastar aínda moito máis”.
González Casares apuntou que a licitación non debe de executarse por faltar
unicamente dous meses para as próximas eleccións municipais”. O candidato do
PSdeG-PSOE á alcaldía do municipio, sinalou neste sentido que “ante a
proximidade das eleccións, o alcalde non debería proxectar obras de semellante
calado” e matizou que “se puidemos aguantar 25 anos sin un parque destas
características ben poderemos esperar polo menos ata o paso dos comicios,
deixándolle o poder de decidir á próxima corporación, que de ser socialista,
non proseguirá con semellante desvario megalómano”.
Os socialistas lalinenses xa demandaran con
anterioridade a paralización do proxecto e volvéronlle recordar a Xosé Crespo
que “se debería preocupar por coidar e manter en bo estado os parques
existentes, xa que están totalmente abandonados, antes de plantexarse novos
investimentos”. González Casares sinalou
que a proposta socialista “está enfocada ao arranxo e adecentamento dos lugares
de ocio infantil que xa hai en Lalín, apostando especialmente polo amaño e o
aumento do espazo da zona de xogos do parque da Praza da Vila”.
Asimesmo dende o Partido Socialista de Lalín
mostraron o seu respaldo á proposición presentada recentemente por Rafael
Cuiña, de Compromiso por Galicia (CxG), na que tamén participará o Bloque Nacionalista Galego (BNG), consistente na
recadación de sinaturas entre a cidadanía para que os fondos dedicados ao
Parque do Cocido se destinen a iniciativas sociais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario