“O propio edil popular confirma que cando se fixo a correción de erros aprobada en Comisión de Goberno,a construción non se usaba como corte” destacan os socialistas.
- “En Vilatuxe so teñen dereito a unha casiña en Pozo do Boi os cargos do PP?” pregúntanse os socialistas.
- “Ten que dimitir.Está claro que nin os compañeiros de goberno poñen a man no lume pola edil de Vilatuxe” afirman
Os
socialistas lalinenses consideran que as escusas e xustificación
dadas onte polo edil Román Rodríguez en relación á vivenda de
Vilatuxe situada no entorno da Praia fluvial de Pozo do Boi “dan a
razón a todos os argumentos que manifestos onte cando dixemos que o
goberno local do PP con Crespo a cabeza tivo unha actuación de favor
tratando delegalizar unha construción ilegalizable e que pertence a
unha concelleira dese mesmo grupo de Goberno”.
Afirman
que “en ningún momento Román Rodríguez nega que se trate dunha
construción ilegal situada en solo rústico, dende logo nin se
atreve a negalo co que evidentemente non rebate os nosos argumentos e
sae pola tanxente como fai con frecuencia”. Ademais nas propias
declaracións de Román Rodríguez chama a atención que diga que
“esa construción en tempos foi parte dunha explotación agrícola”
pois dese xeito deixa claro que hoxe non o é nin tampouco no ano
2012 cando se realizou a correción de erros na Comisión de Goberno.
Insisten ademais que “en Vilatuxe sabe todo o mundo que aquelo non
se usa nin se usaba como corte, era e é un lugar de esparcimento e
cuchipanda onde era fácil que se xuntarán destacados membros do PP
nesa zona como a actual concelleira ou outros concelleiros ou
ex-concelleiros” e se preguntan “se so teñen dereito a desfrutar
dun chalé en Pozo do Boi os cargos do PP”
Así
Cristóbal Fernández e González Aller ven evidente que “ningún
dos argumentos do Grupo Municipal Socialista foi rebatido polo edil
de Urbanismo,é a evidencia de que hai un trato de favor se eres do
PP está marcado a lume nos Gobernos do PP”.
Para
os socialistas “este asunto é de máxima gravidade,pois pon de
manifesto algo palpable no trato de favor e a concelleira non ten
mais saida que a dimisión” e sinalan que “é evidente que nin
Román Rodríguez nin ningún compañeiro de Goberno de Sara Arca
poñen a man no lume pola súa actuación neste asunto, pois nin se
atreven a negar que a luz da casa fora enganchada ás dependencias
municipais de servizos situadas en Pozo do Boi”.
Para
González Casares “a única saída honrosa de Crespo e o Goberno
Local é o cese inmediato da concelleira nas súas funcións e a súa
dimisión, ademais de ter que aceptar a comparecencia, pois de non
ser así o camiño dos xuzgados neste caso vai ser case inmediato”
No hay comentarios:
Publicar un comentario