PSdeG-PSOE

PSdeG-PSOE
________________________

martes, 27 de enero de 2015

O PSDEG-PSOE DE LALÍN DESVELA RECENTES PAGOS DO CONCELLO AO CENTRO MÉDICO SEN LICENCIA

-      “Crespo di que a situación é grave e ao mesmo tempo se lle outorgan e pagan os recoñecementos médicos dos funcionarios municipais” afirman os socialistas.
-      “O trato de favor aos próximos está mais que demostrado en Lalín,forma parte dunha política clientelar” denuncia González Casares.

 Xusto un día despois de que o alcalde de Lalín afirmara en Pleno que descoñecía a situación de falta de licencia durante 10 anos dun Centro Médico na vila denunciado polos socialistas no Pleno do mes de Decembro o Grupo Municipal do PSOE desvela o pago do Concello a dito establecemento que carece de licencia por un importe de 3647,20 euros recoñecida e asinada polo alcalde o 31 de decembro.

 Así os socialistas demostran “unha vez mais como o alcalde ,que sabía polo Pleno anterior a situación irregular dese centro, dedica pagos do orzamento municipal para que os traballadores fagan alí os seus recoñecementos médicos”. Para González Aller e Cristóbal Fernández “é increíble, ao tempo que di que a situación é grave adxudícanlle o recoñecemento dos traballadores, ou sexa que os funcionarios do Concello de Lalín van ao seu recoñecemento médico laboral nun establecemento que nin tan siquera ten licencia”.

 Ademais segundo lembran os socialistas “non é a única factura importante do Concello a ese centro médico, pois se lle adxudicou un curso para traballadores municipais no mesmo mes de decembro por 3145 euros” e manifestan que “é escandaloso que o alcalde diga que a situación do centro é grave, e no mes que se coñece se lle adxudiquen servizos municipais por mais de 6000 euros” .

 Para o candidato dos socialistas lalinenses “todo esto que estamos coñecendo estes días ,de  tratos de favor a xente próxima ao PP, é a tónica do Lalín dos últimos tempos e temos que erradicar estas conductas” e afirma que “o comportamento de Crespo ,negando o favoritismo que demostra en temas de Urbanismo onde se fai a vista gorda se a obra é dun do PP evidencia que o alcalde minte con descaro”. Así Nicolás González Casares entronca este asunto co da casa con licencia de corte na praia fluvial de Vilatuxe da que disfruta unha concelleira do Grupo de Goberno “nunha política clientelar que so ten por fin último o favoritismo dos achegados e o castigo dos que traballan noutras opcións políticas co único fin de amedrentalos, pero iso vai cambiar en Lalín, chegou o momento”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario