PSdeG-PSOE

PSdeG-PSOE
________________________

jueves, 8 de enero de 2015

GONZÁLEZ CASARES LEMBRA QUE XA HAI UNHA FRONTE COMÚN CONTRA A PEAXE DA AP-53 PERO QUEN FALLA SEMPRE É O PP



-        Insisten na fórmula Rande mentras non haxa traspaso da AP-53 á Xunta de Galicia
-         “Reclámolle a AED tanta belixarancia como cando puxeron as pancartas no Polígono e había un goberno de outra cor” denuncian os socialistas.


 Os socialistas lalinenses lembraron hoxe que xa hai unha fronte común entre todos os partidos representados no Concello de Lalín para loitar por unha rebaixa da peaxe  e que está refrendado por un acordo plenario unánime de hai 3 meses no que “a Corporación de Lalín esixe unha rebaixa da peaxe mentras non se acade o traspado da AP-53 á Xunta de Galicia”.

 Para González Casares , Sº Xeral dos socialistas lalinenses , “é o PP quen incumpre este acordo e rebaixa constantemente o seu nivel de esixencia pois pasou a Ministra de Fomento por Lalín e nin tan siquera se fixo unha mención ao tema”.

 Por outra banda o socialista lémbralle ao Presidente da AED como “xa existeu unha fronte noutros tempos comandada polo alcalde José Crespo  e que daquela puxo unhas pancartas hoxe reiradas no Polígono de Lalín ou mesmo facían protestas cando viña Touriño daquela Presidente” e así tamén lembra que “nada mais chegar o PP á Xunta Crespo ordeou retirar as pancartas porque Feijóo ía rebaixar o 50% a peaxe, leva mais de 5 anos na Xunta e non fixeron nada e a AED tampouco” http://www.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2009/03/27/concello-retirara-pancartas-peaje-xunta-rebaja-50-bng-protesta/310453.html

 Así os socialistas continuarán demando o mesmo que se aprobou por unanimidade no mes de setembro e entenden que a “opción Rande” (peaxe de volta gratuíto) , é dicir, unha rebaixa temporal significativa en tanto non se traspase a AP-53 á Xunta de Galicia para paliar os efectos negativos das abusivas tarifas. Así os socialistas entenden que non debe ser tan difícil pois “Ana Pastor ben que presume en Pontevedra da rebaixa da AP-9 en Rande mentras condea a Lalín nun manifesto agravío comparativo”.

 Finalmente dende o PsdeG-PSOE local esperan “con ansia as aclracións do PP tras anunciar a conxelación da peaxe e atoparnos pola contra unha subida en toda regra,pois están moi caladiños”

No hay comentarios:

Publicar un comentario