-
“Queremos
saber en qué gastaron eses cartos e o proxecto das obras que se van facer”
sinala González Casares.
-
O candidato
socialista lémbralle a ”Camilo Matusalén Bodaño “que cando se empezou o Paseo
aìnda me faltaban 10 anos para entrar en política”.
O Grupo Municipal Socialista de Lalín
vai solicitar para proceder á súa revisión de as obras realizadas recentemente
no Pontiñas por 116 mil euros e que “deixaron o Paseo tal como estaba, nunha
situación de evidente abandono”.
González Casares afirma que “temos verdadeira
curiosidade en saber cómo se gastaron eses cartos e non se fixo case nada e
como un proxecto por menos cuantía vai solucionar os problemas que ten o Paseo a día de hoxe”.
O socialista lémbralle ao alcalde e acólitos
que “non se trata de meter miles de euros de golpe, trátase de realizar un
mantemento regrado do Paseo, pero parece que hai mais interese en gastar en
obras de cuantía desorbitada, xa explicarán por qué razón”.
Por outra banda o candidato socialista
lémbralle a Camilo G. Bodaño que “non se pode respostar con esa indefinición de
que meteron miles de euros,se falas como concelleiro tes a responsabilidade” e
“extrañame moito que esa fora a resposta de ´Camilo Matusalén Bodaño´ ,un
exemplo de eternización que vai contra a mila forma de entender a política”.
Por outra banda lémbralle ao PP “non sei do que falan de non sei qué oposición
ao Paseo, hai 17 anos cando se empezou a facer eu non tiña ningunha previsión
de entrar en política,pero podo explicarlle o que fago hoxe: utilizalo a diario
e non vexo a ninguén do Concello por alí”
No hay comentarios:
Publicar un comentario