PSdeG-PSOE

PSdeG-PSOE
________________________

jueves, 8 de enero de 2015

O PSOE DE LALÍN RECLAMARÁ A RETIRADA DO PALCO DE AUTORIDADES E O PASEÍÑO DAS MESMAS



-        “Os socialistas de Lalín estaremos como sempre, abaixo coa xente ” afirma González Casares.
-         “Xa empezou co seu chalaneo e mercadeo habitual da Feira do Cocido” afirma Cristóbal Fernández.

 A falta dun mes para que teña lugar unha nova edición da Feira do Cocido ,os socialistas lalinenses poñen riba da mesa uha serie de reclamacións para que “non se opte por elementos que provocan diferencias entre as persoas , establecendo dúas clases de cidadáns: os que mandan e o resto”.

 Así o Sº Xeral socialista Nicolás González Casares pide eliminar “a existencia dun palco de autoridades , onde as veces nin se sabe quen sube abarrotado de xente, nin é autoridade nin é nada, so amigos do PP e que non teñen que ver coas institucións” e se sustitúa por un simple atril “onde o pregoeiro poida dar o seu discurso e o resto dos cidadáns escoitar ao mesmo nivel”. Afirma ademais que de seguir con esa mala costume “os concelleiros/as socialistas de Lalín estarán onde sempre, abaixo coa xente mentras non se cambien estas cousas”

 Dende o PSOE local “estiman que esa diferenciación entre a clase dirixente separa á cidadanía dos seus dirixentes e resulta propia dunha dereita trasnoitada que Crespo representa como ninguén” e fan tamén alusión “ao paseiño de autoridades e supostos comendadores, a maioría deles do PP pois non hai nin a mais mínima pluralidade , a festa é de todos e Crespo so busca instrumentalizala con estes actos”.

 Por outra banda o edil Cristóbal Fernández criticou “o chalaneo e mercadeo que novamente Crespo fai coas distincións do Concello de Lalín “e reclama “que esas supostas honras deixen de levar os nomes de Lalín e do Cocido e se cree a Orde de amigotes de Crespo mentras non se faga un procedemento que represente a toda a veciñanza de Lalín” . Fernández lembra que “todas estas trapalladas que fai o alcalde  estarían fora de lugar nun Concello cunha xestión seria das distincións de honras ,pero o alcalde ten unha querencia natural cara a chapuza”

No hay comentarios:

Publicar un comentario