-
“Crespo
seguirá calado e poñendo excusas mentras colabora en tomarlle o pelo aos
lalinenses” sinalan dende o PSdeG- PSOE de Lalín.
-
“O Lalín que
Crespo prometeu era virtula, so quedarán os seus pufos e as infografías” afirma
o candidato socialista.
Os socialistas afirmaron hoxe tras coñecerse
que a Xunta non construirá o Edificio de Medio Rural en Lalín caese “unha das
mentiras que on mais coidado fabricaron Crespo e o PP de cara aos lalinenses e
que se demostra unha vez mais que o PP é o partido do fraude con Lalín”.
Así González Casares tilda “de escándalo, de
ridículo espantoso e de tomadura de pelo sen precedentes” que a Xunta de
Galicia renuncie polo menos durante 10 anos á construción dun Edificio que
Crespo prometeu mais de 5 veces, recreación virtual incluída e ata dixeron que
custaría 1,8 M de euros. Das promesas de Crespo en 2011 “so quedan as
recreacións virtuais ,as infografías e por suposto os pufos que pagamos entre
todos os lalinenses”
Para os socialistas esta é a confirmación de
que a Xunta de Galicia do PP “xa era coñecida polo alcalde pois as relacións de
Crespo con esa Consellería son evidentes e a pesares de todo iso mantivo o
fraude mentras pudo” e sinala que “non tiveron reparos en mentirlle aos
lalinenses cada vez que chegaba unha campaña electoral, aí estaban Crespo e os
seus cómplice para rirse dos gandeiros e traballadores do agro de Lalín”.
Así González Casares lembra como “hai pouco
meses se reclamou que se buscaran solucións provisionais para a Oficina Agraria
e o alcalde afirmou que a súa construción era inminente e irrenunciable, outra
mentira mais que anotarlle ao alcalde”. “Así vistas as cousas Feijóo e Crespo
son o maior fraude político da historia de Lalín : nin CAR, nin Edificio de
Medio Rural, nin Centro de Día nin cuarta Fase do Polígono, todo era mentira e
xogaron coas ilusións e o futuro de miles de cidadáns de Lalín”.
Os socialistas anuncian que
reclamarán no vindeiro Pleno que se esixa dende o Concello de Lalín de xeito
inminente que Medio Rural reconsidere a súa postura e non se remate co Edificio
prometido “e veremos cal é a posición de Crespo, se de complicidade cos que
enganan sen escrúpulos a nosa vila ou cos veciños e veciñas de Lalín, pero
moito nos tememos que o alcalde se sume
novamente á táctica de non alzar a voz como leva facendo coa AP-53 “
No hay comentarios:
Publicar un comentario