-
“Comparan
Lalín con cidades de mais de cen mil habitantes, aínda comulgan coa falacia da
oitava cidade” denuncia González Aller.
-
“Confírmase
que so os move un afán recadatorio, non existe outra xustificación” afirman os
socialistas.
Os socialistas lalinenses lamentaron
que o Goberno Local estea tan perdido e mostre tanto descoñecemento de como
funcionan as sancións da zona azul nas cidades e meta a pata dunha forma
estrepitosa. “Non saben nin por onde andan, falan de oídas e neste tema semella
que andan perdidos” afirma González Aller.
Así ante a xustificación do Goberno Local onde
se afirmaba que as sancións nas cidades que gobernaba o PSOE agochaba que
anular unha sanción da zona azul “é polo menos 3 veces mais barato en Vigo,
Lugo ou Ourense pois por prezos arredor dos 6 euros anúlanse nos parquímetros
cousa que non pasa en Lalín”.
“Se lles parece normal cobrar entre 20 e 40
euros pola zona azul en Lalín alá eles, pero que non utilicen a mentira ou que
se documenten que teñen tempo con toda a tropa de asesores que teñen” e
lamentan que “para agochar o elevado prezo das sancións teñan que utilizar
datos sesgados”.
Por outra banda González Aller lamenta que
“dende o Goberno Local viven na inopia e aínda comulgan coa falacia da oitava
cidade” pois non se entende que “traten de comparar a Lalín con cidades como
Vigo que anda polos 300 mil habitantes, demostran que ata mentindo están fora
da realidade”.
Finalmente os socialistas conclúen que “a
negativa de rebaixar as sancións da zona azul demostra que o único que lle move
ao Concello é recaudar e non controlar os aparcamentos cando teñen un Parking
que leva pechado 5 anos, tan so por iso xa debían rebaixar esas sancións, aínda
que fora por vergoña”
No hay comentarios:
Publicar un comentario