- Revelan que recentemente “se recoñeceron mais de 14.000 euros en sancións nun período de pouco mais dun mes”
- Instan a demostrar que non hai un afán recadatorio.
Os
socialistas lalinenses afirmaron hoxe que a cuantía das multas pola
Policía Local e concretamente pola zona azul é bastante elevado a
día de hoxe en Lalín polo que fan un chamamento ao Goberno Local
“para facer unha reflexión sobre se hai é necesario que as multas
da zona azul sexan de 40 euros ou 20 en bonificada para proceder a
reducilas”.
Así
dende o PSdeG-PSOE local afirman que recentemente o acalde aprobou os
expedientes sancionadores de sancións dun período algo superior a
un mes e o total das sancións supera os 14 mil euros polo que tendo
en conta que no ano 2013 se consignaran nos orzamentos como ingresos
por multas 40 mil euros e finalmente se recaudaron 157 mil e para
2014 foron 90 mil os proxectados, cifra que semella que se vai quedar
curta.
González
Aller chama a facer unha reflexión sobre que “todos os anos se
superan os obxectivos en multas polo que hai que valorar se son
moitas ou o custe das sancións é moi elevado no relativo á zona
azul (as outras sancións veñen marcadas polo Ministerio do
Interior)” e afirma que “hai cidades nas que anular a sanción
por non poñer o ticket vai dos 6 aos 12 euros e en Lalín o mínimo
con bonificación é de 20 euros”.
Afirman
que “non pretendemos facer demagoxia con este asunto das multas,
pero o certo que en Lalín o Parking leva 5 anos pechado, non hai
moitas posibilidades de aparcamento e a dispoñibilidade de discos é
limitada polo que entedemos que o cidadán medio pasa por
dificultades e as sancións son moi elevadas”.
Así
os socialistas lembran que “é certo que dende a Policia Local non
hai un exceso de celo por multar na zona azul, pero estáselle
atacando ao peto dos cidadáns,parece como si se quixera compensar
que non hai grúa “ e sinalan que “as queixas son moitas ,a
ninguén lle gustan as multas, pero consideramos que un prezo que
oscile arredor de 20-25 por non poñer o disco e a metade en período
bonificado é mais que suificente e demostraría que non hai un afán
recadatorio”
No hay comentarios:
Publicar un comentario