-
“Van buscar
unha forma de finaciamento, e logo que fixeron nestes 5 anos?” pregúntanse os
socialistas.
-
Afirman que
Crespo improvisou unha reunión “a raíz da¡o compromiso mais firme que a Xunta
de Galicia mantén con A Estrada”.
O Candidato socialista á Alcaldía de
Lalín ,Nicolás González Casares, esixíulle hoxe ao alcalde de Lalín José Crespo
que “que cando se refira ao CAR que sexa para auniarnos a súa inmediata
construción e non para dicir que ´a Xunta anda buscando cartos para ver se o
fan algún día´ pois é unha tomadura de pelo aos cidadáns”.
Segundo o candidato lalinenses “a Crespo
entroulle o medo ao ver ,como soupemos antes pola prensa, que o compromiso da
Xunta coa construción dun novo centro de saúde na Estrada é moito mais potente
que a aposta da administración de Feijóo” e ante iso “improvisa unha reunión
coa conselleira, que foi para curarse en saúde ante as reaccións que se
puideran producir en Lalín”.
Para o candidato socialista que a Xunta afirme
que “van buscar a fórmula para ver cómo financiar a infraestrutura e que
planexan unha PNL no Parlamento equivale a dicir que non existe vontade real de
facer nada” e pregúntase “qué avanzaron no CAR nestes últimos 5 anos se nin tan
siquera saben cómo se vai finaciar”.
Segundo os socialistas “a solución está no
DOGA e nos orzamentos da Xunta, dende logo para o 2015 non existe vontade de
comezar o CAR,pois un investimento destas características estaría alí sinalado”
e denuncia que a Crespo e a Román Rodríguez “xa se lles veu abaixo a mentira
que contaban de que a construción do CAR estaba ligada ao do novo Hospital de
Pontevedra, nin avanza un nin avanza o outro, e todo o mundo en Sanidade sabe
que non hai ningunha relación entrambos”.
Así González Casares cre “que en lugar de
levar o asunto ao Parlamento onde o PP ten maioría absoluta e polo tanto non o
precisan, o que ten que facer o alcalde é denunciar o Convenio coa Consellería
e que se faga efectiva a construción,pois os lalinenses xa puxemos a nosa
parte” e lembra que “xa van 5 anos de Feijóo na Xunta e este era a principal
reclamación de Lalín e aínda non hai nada firme”
No hay comentarios:
Publicar un comentario