PSdeG-PSOE

PSdeG-PSOE
________________________

jueves, 8 de enero de 2015

GONZÁLEZ CASARES DEMANDA AO GOBERNO LOCAL“BATALLA E AUTOCRÍTICA NOS 5 MESES QUE LLES QUEDAN” TRAS O SEU RIDÍCULO ESTREPITOSO NA SUBA DA AP-53



-        “Eu loitarei contra a abusiva peaxe da AP-53 goberne que goberne en Madrid ou Santiago, a actitude de Crespo é lamentable” sinala Casares.
-         “So sube a peaxe en 5 vías en España ,unha a AP-53 , aos do PP debeulles parecer barata”.


 O Sº Xeral dos socialistas lalinenses cargou hoxe contra o Goberno Local de Lalín ao que acusou de “manifesta complicidade con Fomento en tomarlle o pelo aos lalinenses tras prometer a conxelación das peaxes da AP-53 e agora a realidade é unha subida”.

 “Román Rodríguez fixo novamente o ridículo, xa é costume, ao anunciar que a conxelación era unha antesala dunha futura rebaixa pero a realidade é que nin conxelación nin rebaixa, a peaxe sube” lembrou González Casares quen demanda ao Goberno Local “batalla e autocrítica polo menos nos 5 meses que lles quedan pois non resolveron nada desta peaxe en todos os anos que leva feita a AP-53”. Tamén lamentan os socialistas “que agora Crespo está caladiño logo de pasear á Ministra por Liñares e ver agora a súa ineficacia e nula influencia neste asunto”

 González Casares avanzou que “cando eu goberne loitarei con toda a miña vontade contra a abusiva peaxe da AP-53, goberne quen goberne en Santiago ou en Madrid para que a nosa vila sexa mais competitiva que outras do eixo da AP-53”.

 Os socialistas denuncian tamén que á Ministra Ana Pastor debeulle resultar barata á peaxe na súa recente visita que non dubidou en someter aos lalinenses a un novo agravio comparativo “pois so 5 vías de peaxe do total das que hai en España teñen aumento de peaxes e ademais é a única de Galicia que presenta subidas, co PP aos lalinenses tócanos sempre a nefasta lotería de ter que pagar mais que o resto”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario