PSdeG-PSOE

PSdeG-PSOE
________________________

jueves, 8 de enero de 2015

GONZÁLEZ CASARES DENUNCIA O LAMENTABLE ABANDONO DA PRAZA DA VILA



-        O Candidato socialista anuncia “unha reforma de adecentemanto en canto cheguemos ao Goberno”.
-         “A praza ten que ser un lugar de encontro e de xogos de nenos, no aspecto actual asusta” sentencian os socialistas.


 O candidato dos socialistas lalinenses , Nicolás González Casares , denunciou hoxe o lamentable abandono no que se atopa un dos lugares de esparcimento centrais de Lalín: a Praza da Vila.

 González Casares denuncia que en dita Praza nestes momentos poden atoparse escaleiras rotas que levan anos sen reparar, bancos cheos de suciedade que ninguén se preoucpa por limpar, restos de lama onde o Palco da Música que ninguén recolle, firme en moi mal estado con charcos ou placas de xeo nestes días de inverno...”unha desfeita en toda regra que non dista nin cincuenta metros doutra gran desfeita de Crespo como é o Parking Europa”.

 Así os socialistas cren que a situación de abandono e desidia “é unha mostra mais da actitude megalómana de Crespo que so se preocupa de obras desproporcionadas mentras esquece o que con tanto esforzo custou levantar entre todos os lalinenses”.

 Para González Casares o peor exemplo dese abandono é “o estado do Palco da Música cun engadido que era provisional e que hoxe en día da medo o seu estado e non dignifica para nada a súa función” ademais slaienta o Sº Xeral dos socialistas lalinenses que “debaixo das madeiras fai as veces de fogar para xente sen teito e mesmo se teñen denunciado alí pragas de pulgas por familias que levan xogar á Praza aos seus rapaces”.

 Deste xeito González Casares anuncia que “o estado actual asusta e teremos que actuar de xeito urxente, estará no meu programa e será unha das primeiras intervencións: adecentar e reformar este espazo, co obxectivo fundamental de que sexa un lugar de xogo e esparcimento para os rapaces no centro mesmo de Lalín e por outra banda que sexa un lugar onde a música poida ser interpretada e escoitada coa dignidade  cun novo Palco en condicións que sexa merecedor de levar o nome do finado músico lalinense Luis Areán”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario