-
Esíxenlle a
Crespo que “non siga tomando o pelo e diga a verdade: van facer un aluguer por
10 anos”
-
“A qué viñan
Antonio Crespo e representantes municipais enganando continuamente co Edificio
de Medio Rural se sabían que non o ía facer” preguntan os socialistas.
Os socialistas lalinenses denunciaron
hoxe o despilfarro que supuxo facer 2 proxectos para o Edificio de Medio Rural
e finalmente mandar ambos ao lixo e non construir ningún. Dende o PSdeG-PSOE
lembran que por parte do bipartito “se deixou un proxecto listo para executar”
pero posteriormente chegou o PP e reformou ese proxecto aumentando un suposto
edificio que evidentemente non pensan en construir”.
Así González Casares afirma que por parte da
Xunta de Galicia e concretamente do AGADER que dirixe Antonio Crespo se fixeron
gastos duns 40 mil euros simplemente en proxectos que nunca se van a levar a
cabo. Así os socialistas esixen dunha vez por todas ao alcalde “que non siga
tomando o pelo á xente, sabía que o edifico non se ía construir, ou é que non
ten comunicación co Director Xeral?” e lamenta que Crespo “insista pois sabe
que o aluguer será por 10 anos”.
Para os socialistas agora “resulta un
escándalo lembrar como sempre en épocas pre-electorais viñan o ex-conselleiro
Samuel Juarez, Antonio Crespo e outros acompañando ao Goberno Local dicindo que
ían facer un edificio de 2500 m2 e prevían investir 1,8 M de euros” , segundo
González Casares este tipo de política é a que distingue ao PP de Lalín e que
leva tamén á Xunta “enganar dun xeito cínico aos cidadáns con falsas promesas
mentres gastan cartos de todos en proxectos que non pensan costruír”.
Deste xeito os socialistas anuncian unha
ofensiva para “reclamar explicacións no Pleno do Concello e que a Xunta dea
marcha atrás e por outra banda no Parlamento de Galicia reclamando a
construción do edificio e solicitando coñecer ata o último céntimo gastado en
proxectos e propaganda”.
Finalmente González Casares lembra que “a
Xunta de Feijóo ,Crespo e compañía son o maior fiasco que se lembra para Lalín,
agora o alcalde como bo vasallo invitará a Feijóo ao Cocido,farán unha gracias
comendo a nosa costas e as necesidades dos lalinenses lévaas o vento”
No hay comentarios:
Publicar un comentario