- “Non poden esperar mais polo CAR, hai xente
a que se lle deben solucións e non promesas” sinala o candidato socialista.
- “Son arredor de 25 os lalinenses que van 3
veces á semana a Santiago” afirman os socialistas.
O candidato dos socialistas lalineses
Nicolás González Casares reclamou hoxe que “hai xente que xa pasou demasiado
tempo esperando polo CAR e necesita que se solucionen os seus graves problemas
sanitarios” e concretamente refírese aos pacientes que sofren insuficiencia
renal crónica nun grado avanzado e que necesitan da hemodiálise para manter a
súa vida.
Como explica o candidato socialista “estes
doentes precisan ir a Santiago 3 veces a semana para someterse a un tratamento
que dura varias horas, polo que teñen que madrugar moito, facer mais de 100 Qm,
nalgúns casos trasnportados en ambulancia e noutros polos seus propios medios “
ademais explica que “esto repítese 3 veces cada semana e son pacientes con
problemas, que nalgúns casos rematan con moito cansacio polo que é prioritario
evitarlles estes traslados”.
“Hai xente que leva esperando demasiado tempo
polo CAR que hoxe é unha entelequia pois non saben se teñen cartos siquera para
él, polo que se se puxeran na pel destes pacientes entenderían que non poden
esperar mais tempo” sinala Casares quen demanda que “non se lle pode dicir a
moitos destes pacientes que se lle vai buscar solución dentro duns 3 ou 4 anos,
pois nese horizonte teñen a esperanza dun transplante e non de continuar coa
diálise”.
Así González Casares sinala que unidades de hemodiálise
en centros non hospitalarios, é dicir ,ambulatorias hai varias en Galicia
dentro da Sanidade Pública e Lalín podería acoller xa unha “pois so é ter
vontade,incluso poden estar nun lugar provisional diferente ao Ambulatorio se
non hai espazo”.
Os socialistas indican que en Lalín polos
datos dos que dispoñen hai cerca de 25 pacientes ,que varían segundo o tempo,
que fan hemodialise 3 veces á semana ademais doutro número importante que hai
na comarca que tamén se verían beneficiados “polo que é de xustiza e polo seu
benestar aforrarlles tempo e sufrimento facendo algo que ademais de ser posible
non é tan costoso”
No hay comentarios:
Publicar un comentario