-
“Destas
cousas Crespo nin se entera nin fai nada, eu estarei sempre moi atento aos
problemas e as novas do Hospital de referencia dos lalinenses” afirma González
Casares
-
“Non lle
preocupa a saúde dos lalinenses , so facer comendadores” espeta o candidato socialista.
-
“Mentras en
Lalín o negocio sanitario privado medra, os efectivos da pública minguan”
avalía González Casares.
O socialista Nicolás González Casares
denunciou hoxe que “estamos recibindo queixas de lalinenses que levan ás súas
familias a urxencias do CHUS e teñen qe botar horas e horas se acceder a unha
cama tras ser ingresados” e afirma que esta situación “mais grande do que se
precibeu nunca e cunha gripe non moi agresiva este ano pon de manifesto que os
recortes do PP atacan directamente a saúde dos veciños de Lalín”.
González Casares tras criticar duramente á
Xunta de Feijóo “por botarlle dun xeito vergoñento a culpa aos pacientes e
pechar camas e precindir de persoal no Nadal xusto cando se sabe que hai picos
asistenciais historicamente” afirma que “o CHUS é o Hospital de referencia de
Lalín e é obriga dos responsables políticos mirar que manteña dun xeito
axeitado para dar unha asistencia sanitaria aos cidadáns”.
Para o candidato socialista “cando hai un
problema que afecta a moitos lalinenses dun xeito importante hai que estar
atento aínda que non ocorra en Lalín,pois neste caso o CHUS é un servizo de
todos” e afirma que “eu dende logo estarei sempre vixiante e atento aos
problemas do CHUS pois é o Hospital de referencia dos lalinenses e onde nos
atenden de doencias graves, onde nos sometemos a intervencións cirúrxicas ou
onde nacen os bebes da nosa vila, polo que os problemas do CHUS son tamén
problemas de Lalín”. Para González Casares “non se trata de que os alcalde
xestionen o CHUS pero sí que estean atentos a todas as situacións que se
produzan e que poidan ter repercusión nos seus administrados”
Así os socialistas denuncian “que nos últimos
anos houbo un auténtico ERE no CHUS e agora xa o notan os cidadáns, mentras se
recurtaba persoal e servizos aos lalinenses ,Crespo calaba mentras Feijóo
presenta unhas listas de espera no CHUS que calquera lalinense pode comprobar
que son falsas” e aínda por riba “o alcalde mentía, minte e mentirá con
respecto ao CAR, neste asunto nin sabe e so engana, Crespo nestes momentos so
está preocupado de facer novos comendadores”
González Casares afirma que o problema actual
xa está na orixe “cunha supresión de efectivos no Ambulatorio de Lalín ou cunha
ambulancia municipal que noutras localidades si funciona como é a de Proteción
Civil para traslados de pacientes e apoio ao 061 que ao ter que facer mais
traslados a Santiago ten menos tempo para atender as urxencias en orixe, pero
que en Lalín non ten nin permiso para circular”.
Para os socialistas “o deterioro da Sanidade
pública en Lalín é evidente nestes últimos 4 anos, mentras en tempos de crise
os negocios da privada medran pois loxicamente as empresas ven oportunidade de
negocio” e lamentan que “a carga dos magníficos e mais que contrastados profesionais
da Sanidade Pública aumenta , están sometidos a unha presión descoñecida ata
agora e que o PP non pretende resolver”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario