PSdeG-PSOE

PSdeG-PSOE
________________________

lunes, 12 de enero de 2015

GONZÁLEZ CASARES AFIRMA QUE “CRESPO TOMA POR TONTA Á XENTE CO ANUNCIO DO ARRANXO DO PONTIÑAS”




-        “Di que con 113 mil euros vai quedar perfecto, cando tras gastar 116 mil estaba desfeito” denuncia o socialista.
-        “O problema non é dos últimos 6 meses, son 15 anos de abandono” sinala o candidato socialista.

 O candidato socialista Nicolás González Casares acusou a Crespo de “tomas por tonta á xente co anuncio de onte sobre o arranxo do Paseo do Pontiñas”. “Fai o anuncio xusto o día despois de que denunciaramos con detalle o evidente deterioro desta infraestrutura, xa é casualidade” afirmaron dende o PsdeG-PSOE local.

 Para Casares “é escandaloso que diga agora que con 113 mil euros vai quedar impecable, cando tras gastar 116 mil hai escasos meses seguía coas deficiencias que denunciamos” e afirma que “Crespo terá que aclara qué fai cos cartos, non pode ser que a mesma cantidade nuns casos resolva moi pouco o estado de abandono e noutros deixe o Paseo perfecto”. “Ou tomannos por tontos ou nos están roubando, que nolo expliquen” sostén o candidato socialista.

 González Casares insiste en que “o deterioro non ven dos 6 últimos meses como di Crespo, está así porque en 15 anos non mirou por él e ,por certo, que me diga o alcalde cando eu me opuxen ao Paseo nestes últimos 7 anos que levo con responsabilidades políticas”.

 Finalmente González Casares lembra “que é unha vergoña que os políticos repartan medallas por facer unha obra da que non se pagou ainda nin a metade do custe total e que custou 5 veces mais do previsto” e lembra que “o mérito é de todos, dos impostos da xente, que neste caso fan grandes obras pero moi mal administradas por políticos coma Crespo”

No hay comentarios:

Publicar un comentario