PSdeG-PSOE

PSdeG-PSOE
________________________

lunes, 26 de enero de 2015

GONZÁLEZ CASARES PON COMO EXEMPLO DO DESPILFARRO EN OBRAS INÚTILES OS MILES DE EUROS NA ZONA SUPERIOR DO PONTIÑAS




-         “Ao tempo que desatendían o Paseo construían un particular ´Triágulo das Bermudas comecartos´” lembra González Casares
-         “O Circuito foi feito pola mesma empresa que fixo as rotondas, era de fora porque segundo Crespo en Lalín non as había” lembra González Casares.

 O candidato dos socialistas lalineses, Nicolás González Casares denunciou hoxe o uso que habitualmente fai o Concello dos fondos públicos no que se prefire facer novas obras superfluas antes que manter as instalacións que hai: “entre o Skate Park e o Circuíto foron mais de 150 mil euros, ao que hai que engadir a

 Así Casares pon como exemplo os miles de euros gastados no Sakte Pak, o Circuíto de Educación Vial ou do Auditorio ao aire libre situados na zona superior, paralela a estrada de Lugo. O socialista afirma que “fixeron o circuíto e despois de 3 anos por fin o van homolgar porque nun se puido usar, construíron un Skate Park que ninguén usa por disfuncional e alonxado do centro urbán e hai un Auditorio no que ninguén lembra un concerto”.

 Polo que o socialista denuncia que “esta é a política de Crespo, derrochar os nosos cartos en veleidades mentras non é capaz de manter dignamente o Paseo do Pontiñas”. Casares acusa a Crespo “de facer obras so para engordar a certas empresas, pois neste caso o circuíto foi feito por unha empresa de Lugo que tamén fixo as rotondas, pois segundo dicía o alcalde en Lalín non había empresas capaces de facer estas obras”.

 “Nunca se veu un monopatín alí, nunca se veu usar o circuito e tampouco se escoitou música en directo, todo pantalla para xustificar obras que pasan anos e anos sen uso e os lalinenses ven como as rúas da súa vila teñen o firme desfeito ou con moi mala iluminación, por non falar dos gravísimos problemas no rural”.

 Por outra banda os socialistas tamén queren coñecer con detalle se a posta en marcha que agora se pretende despois de varios anos de abandono “ vai supoñer a contratación específica de algún persoal a maiores ou se o pensan detraer dos efectivos da Policía Local , en todo caso un despropósito”


No hay comentarios:

Publicar un comentario