PSdeG-PSOE

PSdeG-PSOE
________________________

jueves, 15 de enero de 2015

GONZÁLEZ CASARES LAMENTA QUE O ALCALDE “DEDIQUE O SEU TEMPO A PLEITOS SEN SENTIDO E DESPILFARRE OS CARTOS DOS LALINENSES”





-        “Os socialistas esiximos a documentación para coñecer canto se gastou Crespo en avogados nun conflicto absurdo” sinalan os socialistas.
-         “Xa está ben de facer tanta tontería poñendo a Lalín por diante, que o pague dos seus cartos” indica o candidato socialista.

 Os socialistas lalinenses criticaron duramente a actitude do alcalde José Crespo polo pleito coa Deputación de Lugo “pois ninguén entende que as administracións perdan o tempo en loitas absurdas que non benefician aos cidadáns”.

 González Casares lamentou que “un alcalde dedique o seu tempo a pleitos sen sentido, pero o que resulta escandaloso é que despilfarre o noso diñeiro en estupideces dese calibre que a ninguén interesan e que non solucionan nada”. Para os socialistas xa está ben de que o alcalde “co diñeiro dos nosos impostos e poñendo o nome de Lalin na picota se dedique a estas tonterías, se quere xogos de nenos que pague cos seus cartos”.

 Segundo indican os socialistas “ a Crespo non lle doen eses cartos e métese en canta poza hai porque sabe que a el persoalmente non lle custan un peso, e así vai Lalín quitando cartos a outras prioridades e gastando en avogados cando non hai motivo”.

 Por esta razón e co fin de coñecer os gastos totais neste último pleito o Grupo Municipal Socialista reclamou toda información deses gastos para estudiala e facela pública pois logo “a falta de transparencia en Lalín é abrumadora, so hai propaganda”



No hay comentarios:

Publicar un comentario