PSdeG-PSOE

PSdeG-PSOE
________________________

jueves, 8 de enero de 2015

O PSDEG-PSOE DE LALÍN VALORA COMO DESILUSIONANTES OS DATOS DO PARO EN LALÍN



-        “Coa caída da poboación activa que se ven producindo en Lalín a leve baixada do total de 2014 non é un bo dato” significa González Casares.
-         “A subida producida no último mes mostra que estamos lonxe da recuperación e teremos que facer mais pola xente en dificultades” afirman dende o PsdeG-PSOE local

 Os socialistas lalinenses fixeron hoxe unha rápida valoración dos datos do paro do último ano e do pasado mes de decembro no que significaron que “os datos que se coñecen son moi desilusionantes, non acaba de arrancar a creación de emprego na nosa zona e hai un cerrazón no Goberno Local a falar dos parados en Lalín”.

 Así o Sº Xeral socialista fala de que se ven producindo unha importante redución da poboación activa en Lalín pola emigración e polo envellecemento poboacional “polo que a caída  de 129 desempregados no ano 2014 é un dato para a reflexión, sabendo que en Lalín hai hoxe 1000 habitantes menos e 1000 parados mais que antes da crise en cifras grosas”.

 Os socialistas entenden que “as políticas e as palabras do PP que anuncian a recuperación dende logo non se están notando en Lalín, e os datos deste mes son unha mostra de que non se pode caer na autocomplacencia e loitar firmemente contra o desemprego”. Así González Casares contrapón “esta política de análise da situación co triunfalismo do que ven facendo gala Crespo que obvía este problema ,pero que cando as cousas ían ben colgábase medallas”.

 Que hoxe haxa en Lalín 1728 desempregados rexistrados no INEM “é un mal dato sen paliativos e mostra que aínda non se puido revertir a tendencia “ e González Casares alerta de que “se están producindo actualmente despidos na industria, en importantes empresas do textil local e hai unha evidente precarización laboral polo que teremos que poñernos cunha estratexia seria e concienzuda para paliar os seus efectos con políticas municipais activas”



No hay comentarios:

Publicar un comentario