-
González
Casares faise eco das múltiples queixas de universitarios lalinenses nestes
días.
-
“Hai persoal
suficiente como para non ter que pechar nin reducir horarios nestas datas”
lamentan os socialistas.
Os socialistas lalinenses denunciaron
hoxe “unha boa cantidade de queixas recollidas entre universitarios e outros
estudantes como opositores que viron como se reducían drásticamente os horarios
na Biblioteca Municipal neste tempo de Nadal”.
González Casares sinala que “pecharon por
completo os días 24 e 31 e reduciron ao mínimo os horarios de tarde en Nadal “
e afirma que “se entende que poidan pechar os festivos e reducir lixeiramente
os horarios pero eses días son hábiles e súmanse aos festivos e son demasiados
días concentrados nun curto espazo de tempo”. “Os usuarios destes días reclaman
mais horas de apertura e ademais afirman que o estado da wifi é lamentable e
faltan regletas nas que poidan conectar os seus ordenadores”
Para os socialistas as queixas están
xustificadas “pois son moitos os lalinenses que volven aos seus fogares no
Nadal pero precisan seguir estudiando pois agora na Universidade os exames
concéntranse no mes de Xaneiro e resulta que na Biblioteca do seu pobo non
pensan para nada en eles”.
Dende o PsdeG-PSOE local consideran que “hai
persoal suficiente para rotalo e que o tempo de apertura polo Nadal non se vexa
afectado mais que nos festivos” e pregúntanse se “na Biblioteca hai festivos a
maiores ou o persoal ten horarios moi diferentes ao do resto do Concello de
Lalín”.
Para os socialistas mención aparte merecen as
actuacións previstas “parécenos moi ben que na Biblioteca haxa actividade pero
quizás nestas datas compría trasladala toda a mesma á carpa da Praza da
Igrexa”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario