PSdeG-PSOE

PSdeG-PSOE
________________________

sábado, 31 de enero de 2015

Moción presentada no Concello



Ó PLENO DO CONCELLO DE LALÍN

Os concelleiros do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE no concello de Lalín abaixo asinantes,  presentan ó Pleno para o seu debate e aprobación se procede a seguinte
MOCIÓN
A enfermidade hepática causada polo Virus de Hepatite C (VHC) constitúe un grave problema de saúde pública calculándose, en cifras do Ministerio de Sanidad, Igualdad y Asuntos Sociales, que unhas 700.000 persoas son portadoras deste virus no conxunto do Estado.
Até recentemente os medios de tratamento dispoñibles producían altas taxas de fracaso terapéutico, ademais de ter unha elevada toxicidade e efectos secundarios graves, dándose ademais numerosos casos de doentes que non podían someterse a elas por intolerancia a algún dos fármacos empregados.
Como consecuencia, na actualidade en Lalín hai una cantidade de persoas coa enfermidade ,que atendendo aos datos de prevalencia da mesma , ronda as 400 persoas, a enfermidade ten mais presencia nos maiores de 60 anos pois ata os anos 80 non se facían probas sobre a mesma nas doazóns de sangue. Deste total sofren a enfermidade de xeito crónico aproximadamente unhas 250 persoas,pois non todos os portadores padecen a enfermidade, dos cales pódense estimar polos datos estatais que en Lalín entre 10 e 20 persoas necesitarían o tratamento de xeito urxente para sobrevivir.
Esta situación veuse radicalmente alterada coa aprobación recente de novos fármacos. Particularmente transcendente foi a aprobación do Sofosbuvir, un antiviral de acción directa sobre o VHC, pola axencia europea do medicamento (EMA) a principios do ano 2014. A comercialización deste medicamento no territorio español foi aprobada pola Dirección General de Farmacia y Productos Sanitarios o 5 de marzo de 2014.
O día 24 de setembro de 2014 a daquela Ministra de Sanidade anunciou publicamente que o Ministerio acadara un acordo co fabricante do fármaco para incluílo na sanidade pública e que os médicos o puidesen prescribir a aqueles doentes que o precisen, engadindo que a proposta se trasladaría inmediatamente á Comisión Interministerial de Precios de los Medicamentos, e que “en octubre podrán disponer los médicos de ese medicamento en toda España, para aplicarlo a los pacientes que lo necesiten”.
Desde aquela hai elaborado un Protocolo de Posicionamento Terapéutico e un Documento de Priorización que están sendo aplicados no caso de Galicia pola subcomisión para o Tratamento da Enfermidade Hepática, constituída na Consellería de Sanidade.
A día de hoxe sucédense as declaracións públicas dos hepatólogos a través da Asociación Española para el Estudio del Hígado reclamando que os criterios para a dispensación do tratamento no sistema público sexan máis inclusivos e cifrando a necesidade de tratamentos urxentes a aplicar no territorio do estado nun mínimo de 30.000 para o ano en curso.
Por outra parte, a inquietude e as queixas dos doentes de hepatite C, particularmente dos post-transplantados non negativizados e dos que se atopan en fase cirrótica (F4) van en aumento ao comprobar como nuns casos a súa situación non é contemplada dentro dos criterios de elixibilidade que se aplican de para o acceso ao fármaco, e noutros moitos a solicitude cursada polos seus hepatólogos, unha vez determinado que cumpren os requisitos establecidos polo Ministerio e recollidos nas Instrucións do acceso aos tratamentos da Hepatite C cursadas pola Dirección xeral de Asistencia Sanitaria, son rexeitados ou non contestados.
Por todo o exposto, os concelleiros que subscriben solicitan ó pleno deste concello, ó abeiro dos artigos 104 e 105 do Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das Entidades locais,  a adopción dos seguintes  acordos:
1-Ao Goberno de España a garantir que o acceso ás novas terapias para os doentes de Hepatite C que o precisan se produza de acordo co criterio dos médicos especialistas que os atenden en cada caso, dispoñendo todos os recursos que sexan precisos para a atención dos casos definidos como de tratamento urxente pola Asociación Española para el Estudio del Hígado, cifrados por esta nun mínimo de 30.000 para o ano en curso, na súa recente reunión co Ministerio de Sanidad, Igualdad y Asuntos Sociales.

2-Ao goberno da Xunta de Galicia a tomar as medidas necesarias para que a terapia cos novos fármacos para a Hepatite C se dispense nas farmacias hospitalarias a aqueles doentes aos que lles sexa prescrita polos seus médicos especialistas do Servizo Galego de Saúde, de xeito inmediato á súa prescrición e sen máis requisito que esa prescrición facultativa.

3-Dirixirse a ambas administración para comunicar o acordo deste pleno municipal.


Lalín, 30 de xaneiro de 2015


Asdo.: Manuel González Aller                   Asdo.: Cristóbal Fernández Vázquez


Francisco Pérez Donsión                            Marina Ferreiro Rodríguez

No hay comentarios:

Publicar un comentario