-
Reclaman novamente ao alcalde que se poña de
lado dos veciños “pois está tan de prefil que nin se ve neste asunto”.
-
Entenden que a eléctrica debera ter en conta
nos seus recibos o dano causado.
O Sº Xeral dos socialistas lalinenses
Nicolás González Casares reclamoulle por segunda vez ao alcalde lalinense que “se poña xa do lado
dos veciños e non siga de perfil que non se lle ve nestes asuntos” .O
socialista lalinense afirma que “Crespo parece mais un axente comercial da
empresa que o alcalde que debe defender aos veciños de Lalín destes abusos”.
Os socialistas lalinenses fixeron estas
declaracións tras os novos cortes de luz en Doade e Vilanova que se suman aos
xa padecidos ata en tres ocasións polos veciños de Lebozán e Vilatuxe. Dende o
PSdeG-PSOE afirman que “a eléctrica tómanos a todos por tontos e hai que
poñerlle fin a esto que é unha auténtica tomadura de pelo”.
Os socialistas lembran con ironía como “Gas
Natural Fenosa di que coida os nosos bosques mentras deixa á xente a escuras e
tala os nosos bosques” e ante esta situación “o alcalde de Lalín ni esta nin se
lle espera”. Os socialistas afirman que no vindeiro Pleno este asunto será
levado para o seu debate e que “de verdade se faga algo pois a sensación na
xente é que a empresa pasa por riba de nos pero mentras pode facer o que queira
levantando as nosas rúas”.
Deste xeito os socialistas entenden que a
compañía eléctrica está “saltándose os compromisos de calidade e vulnerando o
contrato que teñen asinado cos veciños, polo que debera ser tido en conta na
factura da luz” e alertan de que “esperamos que todos estes apagóns non sexan
manobras de Fenosa para xustificar unha desfeita medioambiental”.
PARKING
Noutra orde de cousas os socialistas
afirman que “o sainete do Parking estase debatindo nos tribunais e a verdade
que hai motivos para a preocupación” e esperan “sinceiramente que se resolva
favorablemente para o Concello se non sería unha desfeita de proporcións
inigualables”. Ademais os socialistas lembran a barbaridade de cartos xa gastada
neste asunto “hai poucos días tivemos noticias doutros 20 mil euros dedicados a
cuestións xudiciais relativas ao peche do Parking, que se suman ao millón longo
de euros xa liquidado”.
Finalmente os socialistas avisan ao alcalde :
“ se o Concello sae condenado a pagar 6 millóns de euros, todos os edís
populares empezando polo alcalde se teñen que ir as súas casas e pedir perdón
aos lalinenses, das responsabilidades patrimoniais xa as levaremos ao xuzgado”
No hay comentarios:
Publicar un comentario