-
O eurodiputado socialista demanda coñecer se
a UE financia a liña e se cumpre as directrices medioambientais europeas.
-
Os socialistas lalinenses completan así a
ofensiva institucional por Casas Vellas : Lalín,Santiago, Madrid e Bruxelas.
O Sº Xeral dos socialistas lalinenses
avanzou hoxe as preguntas que o eurodiputado galego José Blanco fará no
Europarlamento en relación coa LAT que pode rematar coa Fraga de Casas Vellas.
González Casares sinala que Blanco vai
preguntar “se a liña recibeu ou vai recibir algún fondo da UE para a súa
construción” e vai mais aló pois tamén preguntará se fose afirmativa esta
pregunta se a Comisión Europea considera compatible ese finaciamento coa
conservación ambiental ou se coa construción desa liña non se estará vulnerando
a normativa medioambiental europea.
Os socialistas consideran que estas accións no
Parlamento Europeo son necesarias por dous aspectos “axudan a que se coñeza a
problemática en ámbitos de gran importancia e cuestiona as políticas
medioambientais que as eléctricas están levando a cabo en territorio da UE”
pero dende o PSOE local lembran que “o mais importante para parar a liña
estámolo xogando na casa: Concello, Fenosa e Xunta”.
Dende o PSOE local afirman que deste xeito se
van completando pasos na ofensiva política para salvar Casas Novas sinalando
que “fumos o primeiro grupo político que denunciou a situación no Concello de
Lalín e agora levámolo a Santiago,Madrid e Bruxelas como un traballo que so
busca colaborar modestamente coas accións da Plataforma, veciños e os demais
grupos políticos que se uniron a esta causa xusta”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario