-
“É unha vergoña para unha institución como o
Concello de Lalín ofertar contratos por 361 euros ao mes con extras xa
incluidas” denuncia González Casares.
-
“O Lalín Arena non se pode manter en base a
precariedade da xente que traballa” afirman os socialistas.
O Sº Xeral dos socialistas lalinenses
denunciou hoxe “a noxenta e paupérrima precariedade laboral que se está
estimulando no Concello de Lalín”. En concreto o representante socialistas
referíase á recente selección de persoal realizada para diferentes postos de
varias categorías no Lalín Arena
Dende o PSOE ven lamentable que o
propio alcalde asine procesos selectivos onde se ofertan contratos de
recepcionista de “2 meses de duración prorrogables, de 17 horas semanais
,traballando fins de semana e cobrando 361,25 brutos coas pagas extras
incluídas, probablemente líquido ese soldo difícilmente alcance os 300 euros”.
Así González Casares cualifica estas ofertas de “política de promoción da
pobreza, pois onde vai un traballador con apenas 300 euros ao mes, esta é a
recuperación que nos promete o PP e que mesmo a está a levar a institucións
públicas como o Concello de Lalín”.
Os socialistas denuncian ademais que nese
proceso de selección de persoal ofértanse outros postos non menos precarios de
monitor ou limpiadora , todos eles por dous meses, a tempo parcial e “con
baixos salarios con pagas extras xa prorrateadas”. “Non sabemos como ao Goberno
Local non lle cae a cara de vergoña pois están fomentando os minijobs, a
imposibilidade dun desenvolvemento persoal en definitiva a degradación do
traballo”.
Por outra banda os socialistas inciden en que
“para comprar o Lalín Arena a unha empresa de fora Crespo dispuxo que se lle
pagara a unha empresa de fora 8 millóns de euros por un edificio cheo de
deficiencias que un ano despois da compra aínda están por solucionar” e
contrastan con que “para contratar a xente traballadora sexa tan rácano e
impida que os traballadores teñen uns salarios dignos”.
Finalmente González Casares reclama “que non
se intente buscar o equilibrio do Lalín Arena en base a explotar aos
traballadores e traballadoras, pois ao final esaspolíticas resultan sendo mais
caras ademais dunha vergoña para unha institución como o Concello de Lalín que
ten que velar pola dignidade das persoas”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario