-
Os
socialistas cren que as declaracións recentes contra José Cuiña “evidencian que
Crespo e o seu equipo apodrecen”
-
González
Aller lembra “que non é a primeira vez que mentan mortos familiares da
oposición para atacar aos rivais políticos”
Os socialistas lalinenses non saían
hoxe do seu asombro ante as declaracións que onte se verqían dende o Goberno
Local cualificando a José Cuíña como responsable da elevevada peaxe da AP-53.
“Parece que no PP atoparon aos responsables de que os lalinenses pagamos a peaxe
mais cara de España e recoñecerono clramente : os gobernos do PP” sinalaba
González Aller ,voceiro socialista.
Así os socialistas lamentan “o deplorable
estilo utilizado para cargar contra un dos seus” pero que non soluciona nada
“pois a promesa da rebaixa da peaxe está realizada por Feijóo e por Crespo
dende hai mais de 5 anos e non conseguiron nada malia ter o poder no
Concello,Xunta e Estado, son realmente uns inútiles para conseguilo”.
Por outra banda o voceiro socialista afirmou
“que as declaracións que se poñen en boca de Antonio Rodríguez pero que non
dubidamos que serán compartidas polo
alcalde son unha demostración de que o Goberno Local apodrece, é putrefacto” e
sinala que “dende logo Crespo móstrase como alguén indigno e sen memoria , xa
hai tempo que dixemos que leva a palabra traidor escrita na súa fronte”.
Finalmente González Aller lembra que “non é a
primeira vez que o PP utiliza a familiares xa falecidos para atacar a membros
da oposición, atacar a quen non se pode defender é indigno dun representante
cidadán “ en relación as veces que Crespo tamén lembrou ao pai falecido do
voceiro socialista ,antigo alcalde de Lalín
No hay comentarios:
Publicar un comentario