-
“Isto é o conto de nunca acabar que sempre pagan os cidadáns
cos seus cartos” afirma González Aller.
-
Os socialistas consideran que “ que ninguén teña dimitido
polo Parking confirma que o PP está fora da realidade da xente”.
O voceiro dos socialistas lalinenses revelou hoxe un
novo gasto en informes periciais que supostamente se encargan a aquitectos e
auditores para facer fronte á demanda que presentou a concesionaria do Paking
contra o Concello.
Dende o PSOE
citan dous recentes decretos da alcaldía no que se da conta da contratación de
diferentes informes: o primeiro é un informe arquitectónico polas obras de
demolición feitas no Parkin Europa, contratado por un valor de 14.520 euros e o
segundo é un informe encargado a unha auditora para que valore os informes da
concesionaria en relación á solvencia da concesión.
Gonzáez Aller
denuncia que “ o que está acontecendo é o conto de nunca acabar, miles e miles
de euros de todos os cidadáns de Lalín que se están perdendo pola inutilidad
manifesta do Grupo de Goberno en todo o que ten relación co Parking Europa”
Os
socialistas tamén sinalan “o segredismo e a nula publicidade que se fan deste
gastos que xa foron autorizados hai mais dun mes,contan que arreglan pistas,
pero non contan en prensa que se gastan moitos mais cartos en pleitos para o
gravísimo problema do Parking Europa que é creado directamente polo alcalde
José Crespo”.
Os socialitas
lalinenses suliñan ademais que “o
gastado para ter pechado o Parking supera xa con moito o millón de euros e
veremos o que falta,pois de prosperar a demanda de Portas o pufo será de
campionato” e estiman “como unha vergoña que ninguén do Goberno Local teña
dimitido por esta desfeita, o cal demostra a desconexión entre o PP e a xente”
No hay comentarios:
Publicar un comentario