PSdeG-PSOE

PSdeG-PSOE
________________________

martes, 4 de noviembre de 2014

O PSOE DENUNCIA QUE AS CONDICIÓNS LABORAIS DO LALÍN ARENA NON CUMPREN AS CONDICIÓNS DO CONVENIO VIXENTE



-        González Casares considera miserable pagar a hora de traballo a “4,72 euros cando o convenio fixa para o contrato mais baixo un mínimo de 6,20 euros/hora”
-         “O PP se aproveita da situación dos parados para facer contratos lixo” denuncian os socialistas.

 Os socialistas ante a calada que dan por resposta os responsables do Concello de Lalín ante “a falcatruada vergoñenta que están facendo coas ofertas laborais no Lalín Arena “temporais, a tempo parcial e cun soldo que vai ao mínimo do mínimo” dennciaron hoxe que “no Lalín Arena non se está a cumprir o convenio sectorial dese tipo de instalacións”.

 Así o Sº Xeral dos socialistas lalinenses sinala que “hai un convenio estatal de instlacións deportivas que fixa as normas laborais e salariais que rexen nes sector e dito convenio especifica claramente que debe ser cumprido tanto por instalacións privadas ou dun organismo público como o Concello de Lalín”.


 Así o Sº Xeral dos socialistas lalinenses lamenta que “o Concello de Lalín se aproveita dos parados para ofertarlles contratos da máxima precariedade dun xeito que roza á explotación laboral e mostra claramente cal é a política laboral do PP, que os traballadores traballen polo mínimo e eles se levan as plusvalías como pasou neste caso con Gaia”.

 Deste xeito afirman que o posto ofertado recentemente de recepcionista tiña un salario hora de 4,72 euros cando lle corresponderían en realidade un mínimo de 6,20 euros/hora que sendo pouco e un 35% mais alto polo que “non se entende como os responsables do Concello principalmente o alcalde ou o concelleiro de Deportes non se lles cae a cara de vergoña ao tratar con eses traballadores ao saber que os están a estafar laboralmente”.Así sinalan que por exemplo o xerente cobra un salario superior aos 20 euros/hora “pero non pretendemos que ninguén llo baixe pois nos defendemos aos traballadores e que sempre os salarios se igaulen por riba non por baixo”

 Por outra banda lembran dende o PSOE que a xornada laboral establecida para o convenio , que é o que rexe este sector nos anos 2014 e 2015, é de 1760 horas ao ano , polo tanto non chega as 40 horas /semanais pois situase arredor das 38 horas, polo tanto calquera hora a maiores debe ser remunerada como extra , “algo que non está a suceder nas isntalacións do Lalín Aena”.


 Por outra banda sinalan que o convenio establece en 2 días o mínimo de descanso semanal “algo que sabemos que non se está a cumprir tampouco” polo que os socialistas advirten que levarán este asunto a Pleno por considerar vergoñento que se fagan minijobs dende a administración local e ademais advirten que impugnarán calquera proceso de selección que non cumpra as normativas legais establecidas”

No hay comentarios:

Publicar un comentario