PSdeG-PSOE

PSdeG-PSOE
________________________

jueves, 20 de noviembre de 2014

O PSDEG-PSOE DE LALÍN CONFIRMA COMO ÚNICO CANDIDATO ÁS PRIMARIAS A NICOLÁS GONZÁLEZ CASARES




-        Rematado o prazo de presentación de candidaturas a Executiva Local apoia por unanimidade ao seu Secretario Xeral.
-         González Casares pasa a ser agora o pre-candidato a alcaldía de Lalín ata a aceptación definitiva polos óganos do PsdeG-PSOE.

 Por unanimidade a Executiva Local propuxo a Nicolás González Casares como pre-candidato a alcaldía de Lalín ante as vindeiras eleccións municipais.

 O día 17 de novembro remataba o prazo para a presentación de candidaturas e avais e o Sº Xeral dos socialistas lalinenses contou co aval unitario de toda a Executiva Local de 15 membros e tamén dos 4 concelleiros do Grupo Parlamentario Socialista. Polo tanto Nicolás González Casares é o único candidato a Primarias á alcaldía de Lalín que se van resolver o 29 novembro para os Concellos de máis de 20 mil habitantes.

 Nicolás González Casares pasa a ser, polo tanto, o candidato único a Alcaldía de Lalín polo PSdeG-PSOE ata a aceptación polos órganos de dirección socialistas, tras avaliar a súa sinatura de comrpomiso ético e a súa declaración de bens.

 Nicolás González Casares, de 42 anos, é solteiro sen fillos e veciño da Corredoira en Lalín. Enfermeiro de profesión traballa no 061 de Galicia é tamén é docente sanitario. Forma parte da Executiva Provincial do PsdeG-PSOE, é membro do Comité Nacional Galego e Sº Xeral dos socialistas lalinenses dende 2011.




No hay comentarios:

Publicar un comentario