PSdeG-PSOE

PSdeG-PSOE
________________________

martes, 25 de noviembre de 2014

O PSOE DE LALÍN SINALA QUE “OS ORZAMENTOS MUNICIPAIS DO 2015 DAN DE COSTAS AOS PROBLEMAS REAIS DE LALÍN”




-        González Aller denuncia que so “podemos facer unha primeira avaliación dos mesmos pois agochan os datos todo o que poden”.
-         Afirman que “o pago das débedas previas supoñen cerca do dobre do investimento real”.

 Os socialistas lalinenses fixeron hoxe unha primeira avalación dos orzamentos “en gran medida polo publicado pola prensa, pois presentan os orzamentos aos medios e agochanos aos edís da oposición e so coa nosa insistencia conseguimos hoxe a tarde unha copia que aínda non se pode avaliar con profundidade ,facendo así gala o Goberno Local da súa falta de transparencia habitual”.

 Para os socialistas nesa primeira avaliación so hai algo que resulta evidente “que se dan as costas aos principais problemas da nosa vila, cun crecimento esaxerado da desigualdade ,necesidades sociais urxentes, loitar contra o problema demográfico e fundamentalmente a loita co desemprego”. Segundo o voceiro socialista “son os orzamentos dun goberno sen unha soa idea para loitar contra a crise”.

 González Aller lamenta que desta primeira avaliación so saia en primeira instancia “ que a megalomanía de Crespo segue lastrando as contas municipais , algo que se ve perfectamente nestes orzamentos “ e relata como tan so “un 5% dos mesmos dediícanse a este capítulo mentras case o dobre vai para os pagos de débeda aos bancos”.

 Por outra banda os socialistas afirman que “as prioridades de investimento fan pensar no 2015 como un novo ano perdido en desenvolvemento municipal, pois a Biblioteca xa é un proxecto iniciado e os cartos son para completar e non sabemos ben por qué se compra agora un novo terreo en Liñares”.

 Dende o PSOE local sinalan que faremos novas valoracións das contas pero o principal que necesita Lalín non aparece a priori, aparte de que semella que a presión fiscal lonxe de baixar vai manterse moi alta pois hai unha suba dos ingresos e “non veñen do aire se non de apretar aos veciños e veciñas ed LaLín”

No hay comentarios:

Publicar un comentario